![]() |
||||||
![]() ![]() |
||||||
Xoves, 17 de Maio de 2012 |
||||||
O Parque Eólico Experimental Sotavento convoca o X Concurso Anual de Pintura e Debuxo. PARTICIPANTES Poderán participar todos os alumnos/as de Educación Infantil e Educación Primaria que estean escolarizados en España. TEMA O tema estará relacionado coas Enerxías Renovables en xeral e coa idea de Sotavento, en particular. VALORACIÓN Avaliarase: creatividade, orixinalidade, enfoque do tema, calidade en función da idade dos participantes, etc. PRESENTACIÓN, FORMATO E PrAZO DE ENTREGA Só se permitirá un debuxo ou pintura por alumno/a. Os debuxos poderán ser entregados en calquera formato que desexe o centro participante, sendo o tamaño mínimo DIN A- 4. No dorso do debuxo ou pintura, o/a concursante fará constar, obrigatoriamente, os seguintes datos: nome, apelidos, teléfono, enderezo e, no seu caso, nome e enderezo do colexio así como outros datos que se consideren oportunos. Os debuxos e pinturas deberán ser enviados ou presentados persoalmente en: Parque Eólico Experimental Sotavento O prazo de entrega remata o 21 de maio de 2012, ás 12:00 da mañá. Os debuxos ou pinturas recibidos fóra do prazo non entrarán no concurso. Inclúense dentro do concurso aqueles debuxos realizados dentro das actividades desenvolvidas polo Plan Divulgativo de Sotavento. PREMIOS Establécense varios premios:
O veredicto do xurado farase público a mediados do mes de xuño do 2012 na web: www.sotaventogalicia.com. NOTA: O cheque regalo poderá ser trocado nos establecementos que a Fundación Sotavento Galicia designe para tal fin. Sotavento resérvase o dereito de declarar o premio deserto. AUTORÍA, ORIxINALIDADe e DIVULGACIÓN DOS DeBUxOS Ou PINTURAS. Aceptación íntegra e incondicional das seguintes bases:
xURADO Formado por:
EXPOSICIÓN DE DeBUxOS e PINTURAS Os debuxos ou pinturas serán expostos nas instalacións do Parque Eólico Experimental Sotavento, podendo ser publicados. DEREITOS DE AUTOR Os dereitos sobre as pinturas ou debuxos premiados serán cedidos á Fundación Sotavento Galicia. Tamén se transferirán os dereitos, sobre os debuxos e pinturas non premiados en caso de que non sexan retirados dentro do prazo establecido para tal efecto. DeBUxOS Ou PINTURAS NOn PREMIADAS Os debuxos ou pinturas non premiadas poderanse retirar despois do veredicto do Xurado durante todo o mes de xuño, de non ser así pasarán a ser propiedade da Fundación Sotavento Galicia, cedendo o/a autor/a todos os dereitos. A participación neste concurso implica a íntegra aceptación das presentes bases. |
||||||
|
||||||