logotipo de sotavento inicioubicaciónvisita virtualcámara webdatos en tiempo realtiendamapa webcontactoenlaces
fundaciónempresaárea técnicaárea educativa-divulgativa
submenú
Sábado, 4 de Febreiro de 2012
Área divulgativa
Actividades

As actividades, ó igual que a duración da visita, péchanse previamente mediante acordos entre os organizadores da visita e Sotavento.

Consideramos este contacto previo fundamental para o correcto desenvolvemento das actividades, dada a posibilidade de cambiar horarios, elixir actividades e centrar as explicacións nos intereses e inquietudes particulares dos participantes. É por isto que, Sotavento, ofrece ós centros e colectivos a posibilidade de aclarar, propoñer ou suxerir calquera cambio sobre o desenvolvemento inicial das visitas, no número de teléfono 981 - 56 37 77.

 

 

 

As características fundamentais que pretendemos que definan as actividades propostas en Sotavento son:

  • Innovadoras
  • Lúdicas
  • Formativas
  • Gratuítas
  • Adaptadas ás necesidades do grupo

A duración das visitas varía entre 2 e 7 horas en función das idades, inquietudes e nivel formativo dos participantes.

Detállanse a continuación, algunhas das múltiples actividades que se poden desenvolver no Parque Eólico Experimental Sotavento.

Tipo de Actividades:

  • Visitas guiadas, tanto polo parque (visita ós aeroxeradores, Ruta das Pedras, Ruta do Vento e mámoas) coma polo interior das instalacións (paneis explicativos, maquetas, enerxías renovables e solar, pila de combustible, Sala de Eficiencia Enerxética e sala de control).
  • Desenvolvemento de clases, tanto divulgativas coma técnicas, en relación coas distintas enerxías.
  • Proxección de vídeos técnico-divulgativos sobre as enerxías renovables e a eficiencia enerxética.
  • Para alumnos de primaria, secundaria, e F.P. realización de obradoiros lúdico-técnicos, así como a realización de diferentes xogos interiores ou exteriores dependendo das condicións meteorolóxicas.
  • Posibilidade de que os propios profesores impartan clases no auditorio, que se complementarían cunha visita práctica ás instalacións.