![]() |
||||||
![]() ![]() |
||||||
Martes, 7 de Febreiro de 2012 |
||||||
O Parque Eólico Experimental Sotavento convoca o seu IX Premio Anual de Fotografía. PARTICIPANTES Poderán participar neste concurso todas as persoas que o desexen, sen límite de idade. TEMA O tema é o Parque Eólico Experimental Sotavento. VALORACIÓN Valorarase a creatividade, o enfoque do tema proposto, a calidade fotográfica en función da idade, etc. PRESENTACIÓN, FORMATOS E PRAZO DE ENTREGA DAS FOTOGRAFÍAS Permitiranse un máximo de 3 fotografías por autor/a. A presentación das fotografías, persoalmente ou por correo, farase no seguinte enderezo: Parque Eólico Experimental Sotavento O formato da fotografía debe ser o seguinte: papel fotográfico con dimensións mínimas de 17 x 25 cm. O prazo de entrega remata o 10 de Xuño de 2011, ás 12:00 da mañá. As fotografías recibidas fóra de prazo non entrarán no concurso. As fotografías presentaranse nun sobre pechado no que se incluirán; nome, idade, teléfono, enderezo, título/s da/s fotografía/s e o/os negativo/s ou discos compactos / disquetes, no seu caso; así como outros datos que o autor considere de interese. PREMIOS O premio terá unha dotación de:
O veredicto do Xurado farase público a primeiros do mes de xuño de 2010 na web: www.sotaventogalicia.com. NOTA : en caso de que o autor/a da fotografía premiada sexa menor de idade, a contía do premio será entregada en cheques regalo que se poderán trocar no/s establecemento/s que a Fundación Sotavento Galicia determine para tal efecto. Sotavento resérvase o dereito de declarar o premio deserto. AUTORÍA, ORIXINALIDADE E DIVULGACIÓN DAS FOTOGRAFÍAS Aceptación íntegra e incondicional das seguintes bases:
XURADO Formado por:
EXPOSICIÓN DAS FOTOGRAFÍAS Os traballos serán expostos nas instalacións do Parque Eólico Experimental Sotavento, podendo ser publicadas en calquera momento. DEREITOS DE AUTOR Os dereitos sobre as fotografías premiadas serán cedidos á Fundación Sotavento Galicia. Tamén se transferirán os dereitos, sobre as fotografías non premiadas, en caso de que non sexan retiradas dentro do prazo establecido para tal efecto. FOTOGRAFÍAS NON PREMIADAS As fotografías non premiadas poderán retirarse, despois do veredicto do Xurado, durante todo o mes de xuño, de non ser así pasarán a ser propiedade da Fundación Sotavento Galicia. A participación neste concurso implica a íntegra aceptación das presentes bases |
||||||
|
||||||