|
|
 |
Área divulgativa
XI Concurso Anual de Pintura e Debuxo de Sotavento |
|
|
O Parque Eólico Experimental Sotavento convoca o XI Concurso Anual de Pintura e Debuxo.
PARTICIPANTES
Poderán participar todos os alumnos/as de Educación Infantil e Educación Primaria que estean escolarizados en España.
TEMA
O tema estará relacionado coas Enerxías Renovables en xeral e coa idea de Sotavento en particular.
VALORACIÓN
Avaliarase: creatividade, orixinalidade, enfoque do tema, calidade en función da idade dos participantes, etc.
PRESENTACIÓN, FORMATO e PrAZO DE ENTREGA
Só se permitirá un debuxo ou pintura por alumno/a.
Os debuxos poderán ser entregados en calquera formato que desexe o centro participante, sendo o tamaño mínimo DIN A- 4.
No dorso do debuxo ou pintura, o/a concursante fará constar, obrigatoriamente, os seguintes datos: nome, apelidos, teléfono, enderezo e, no seu caso, nome e enderezo do Colexio, así como outros datos que se consideren oportunos.
Os debuxos e pinturas deberán ser enviados ou presentados persoalmente en:
Parque Eólico Experimental Sotavento
Momán - Xermade
27826 Lugo
O prazo de entrega remata o 24 de maio de 2013, ás 12:00 da mañá. Os debuxos ou pinturas recibidos fóra do prazo non entrarán no concurso. Inclúense dentro do concurso aqueles debuxos realizados dentro das actividades desenvolvidas polo Plan Divulgativo de Sotavento.
PREMIOS
Establécense varios premios:
- Infantil e Primeiro Ciclo de Educación Primaria: cheque regalo con valor de 100 euros
- Segundo Ciclo de Educación Primaria: cheque regalo con valor de 100 euros
- Terceiro Ciclo de Educación Primaria: cheque regalo con valor de 100 euros
O veredicto do Xurado farase público a mediados do mes de xuño de 2013 na web: www.sotaventogalicia.com.
NOTA: O cheque regalo poderá ser trocado nos establecementos que a Fundación Sotavento Galicia designe para tal fin.
Sotavento resérvase o dereito de declarar o premio deserto.
AUTORÍA, ORIXINALIDADE E DIVULGACIÓN DOS DEBUXOS OU PINTURAS.
Aceptación íntegra e incondicional das seguintes bases:
- Consentimento do autor/a á divulgación do debuxo ou pintura no caso de resultar premiado.
- A garantía por parte do/a participante, do carácter inédito e orixinal dos debuxos ou pinturas presentados e da titularidade en exclusiva e sen carga nin limitación, de todos os dereitos de explotación sobre a mesma e, polo tanto, que estea libre de dereitos que poidan deter terceiros. Non se admitirán pinturas ou debuxos que fosen presentados con anterioridade noutros certames, nin que estean pendentes de resolución.
- A Fundación Sotavento Galicia resérvase os dereitos de edición sobre as obras premiadas coa posibilidade de ceder tales dereitos a terceiros.
EXPOSICIÓN DE DeBUxOS e PINTURAS
Os debuxos ou pinturas serán expostos nas instalacións do Parque Eólico Experimental Sotavento, podendo ser publicados.
DEREitOS DE AUTOR
Os dereitos sobre as pinturas ou debuxos premiados serán cedidos á Fundación Sotavento Galicia.
Tamén se transferirán os dereitos, sobre os debuxos e pinturas non premiados en caso de que non sexan retirados dentro do prazo establecido para tal efecto.
DeBUxOS Ou PINTURAS NOn PREMIADAS
Os debuxos ou pinturas non premiadas pasarán a ser propiedade da Fundación Sotavento Galicia, cedendo o/a autor/a todos os dereitos.
A participación neste concurso implica a íntegra aceptación das presentes bases.
|