logotipo de sotavento inicioubicaciónvisita virtualcámara webdatos en tiempo realtiendamapa webcontactoenlaces
fundaciónempresaárea técnicaárea educativa-divulgativa
submenú
Martes, 7 de Febreiro de 2012
Área divulgativa
IX Concurso Anual de Experimentos e Obradoiros de Sotavento

O Parque Eólico Experimental Sotavento convoca o IX Concurso Anual de Experimentos e Obradoiros.

PARTICIPANTES

Poderán participar neste concurso todas as persoas que o desexen.

TEMA

Os experimentos ou obradoiros deberán estar relacionados con calquera das Enerxías Renovables ou coa idea de Sotavento.

VALORACIÓN

Avaliarase: creatividade, calidade en función da idade dos participantes, orixinalidade, estética, reutilización de materiais, investigación, utilidade, etc.

PRESENTACIÓN E PRAZO DE ENTREGA DOS EXPERIMENTOS E OBRADOIROS

Os experimentos ou obradoiros deberán ser enviados  ou presentados persoalmente en:

Parque Eólico Experimental Sotavento
Momán - Xermade
27826, Lugo

Os experimentos deberán ir acompañados, se procede, dunha guía de montaxe e dunha breve explicación do funcionamento do mesmo. Asi mesmo, non deben presentar ningún perigo para o medio.

O prazo de entrega remata o 10 de xuño de 2011, ás 12:00 da mañá.  Os traballos recibidos fóra de prazo non entrarán no concurso.

PREMIOS

O premio terá unha dotación de:

  • Primeiro premio: 1.000 euros
  • Segundo premio: 500 euros

O veredicto do Xurado farase público a mediados do mes de xuño de 2011 na web: www.sotaventogalicia.com.

No caso dos centros educativos o premio será entregado ao titor/a responsable do experimento ou obradoiro.

Sotavento resérvase o dereito de declarar o premio deserto.

AUTORÍA, ORIxINALIDADe E DIVULGACIÓN DAS OBRAS

Aceptación íntegra e incondicional das seguintes bases:

  • Consentimento do autor/a  á divulgación do traballo ou experimento no caso de resultar premiado.
  • A garantía por parte do/a participante, do carácter inédito e orixinal dos traballos ou experimentos presentados e da titularidade en exclusiva e sen carga nin limitación, de todos os dereitos de explotación sobre os mesmos e, polo tanto, que  estea libre de dereitos que poidan deter terceiros. Non se admitirán traballos ou experimentos que fosen presentados con anterioridade noutros certames, nin que estean pendentes de resolución.
  • A Fundación Sotavento Galicia resérvase os dereitos de edición sobre os traballos ou experimentos premiados coa posibilidade de ceder tales dereitos a terceiros.

XURADO

Formado por:

  • Don Eliseo Diéguez García; Director do Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) e Presidente da Fundación Sotavento Galicia.
  • Don Xesús Rodríguez; Vicedecano da Facultade de Ciencias da Educación e Director da Revista Galega de Educación.
  • Don Xosé Núñez; Xerente do Parque Eólico Experimental Sotavento.
  • Departamento Divulgativo de Sotavento.

EXPOSICIÓN DE EXPERIMENTOS OU OBRADOIROS

Os experimentos ou obradoiros serán expostos nas instalacións do Parque Eólico Experimental Sotavento.

O experimento ou obradoiro gañador será incorporado á exposición permanente do Parque. Sotavento, resérvase o dereito de introducir modificacións nos traballos que se expoñan nas súas instalacións ou  noutras instancias que este determine.

DEREITOS DE AUTOR

Os dereitos sobre os experimentos ou obradoiros premiados serán cedidos á Fundación Sotavento Galicia.

Tamén se transferirán os dereitos, sobre as obras non premiadas, no caso de que non sexan retiradas dentro do prazo establecido para tal efecto.

EXPERIMENTOS OU OBRADOIROS NON PREMIADOS

Os experimentos ou obradoiros non premiados poderanse retirar despois do veredicto do Xurado, durante todo o mes de xuño,  de non ser así pasarán a ser propiedade da Fundación Sotavento Galicia.

A participación neste concurso implica a íntegra aceptación das presentes bases.