| 24/09/2011 |
I Rallye Eficiente Sotavento 2011
|
A Fundación Sotavento Galicia organizou o I Rallye Eficiente Sotavento consistente nunha competición onde premiaba a eficiencia enerxética nun vehículo a motor.
|
| |
| 15/06/2011 |
"Día Mundial do Vento 2011"
|
Un ano máis, a Fundación Sotavento Galicia participou no Día Mundial do Vento, coordinado por EWEA (European Wind Energy Association), GWEC (Global Wind Energy Council) e AEE (Asociación Empresarial Eólica). Este ano, 29 países de todo o mundo tomarán parte nesta celebración, con miles de eventos públicos destinados a promover o uso do vento como recurso enerxético.
Ver fotografía:
|
Descargar  |
| |
| 09/05/2011 |
European Solar Days 2011
|
A Fundación Sotavento Galicia participa un ano máis nos “European Solar Days” que teñen lugar do 9 ao 15 de Maio co obxectivo de concienciar á sociedade da importancia que ten o uso da enerxía procedente do Sol. Para iso leváronse a cabo en Sotavento unha serie de actividades dirixidas a diferentes colectivos.
Ver fotografía:
|
Descargar  |
| |
| 21/06/2010 |
Inauguración da Vivenda Bioclimática Demostrativa
|
O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, acudiu a Sotavento acompañado polo Conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra Fernández, para presidir o acto de inauguración da Vivenda Bioclimática Demostrativa.
|
| |