logotipo de sotavento inicioubicaciónvisita virtualcámara webdatos en tiempo realtiendamapa webcontactoenlaces
fundaciónempresaárea técnicaárea educativa-divulgativa
submenú
Mércores, 22 de Maio de 2013
Área divulgativa
Finalidades da Área

  • Dotar o Parque dos equipamentos e proxección social necesaria para que sexa un centro no que a súa visita se converta nunha opción atractiva e interesante para os diferentes estamentos sociais.
  • Abrir o parque a todo tipo de colectivos, institucións ou empresas que teñan intereses ou inquietudes nas enerxías renovables.
  • Facilitarlles ás persoas que o visiten, a posibilidade de adquirir unha maior sensibilidade e conciencia da interrelación entre enerxía, esgotamento de recursos enerxéticos, benestar social e medio.
  • Ante esta situación, as enerxías renovables xogan un papel fundamental para manter a sostibilidade da vida futura do planeta.
  • Conseguir actitudes participativas na protección e mellora do medio, así como na utililzación responsable do consumo enerxético na nosa vida cotiá.
  • Proporcionarlles ós visitantes capacidade de avaliación e análise da realidade enerxética que lles rodea, caracterizada polo esgotamento das fontes tradicionais e a degradación que xeran no medio. Así mesmo, dar a coñecer as novidades e avances tecnolóxicos que, no campo da produción enerxética, posibilitarán a futura sostibilidade do Planeta.
  • Mostrar a aposta de España, e en concreto de Galicia, polas enerxías renovables, no marco dunha política que marcou o Estado Español e cuns obxectivos de implantación das enerxías renovables en xeral e na eólica en particular.