logotipo de sotavento inicioubicaciónvisita virtualcámara webdatos en tiempo realtiendamapa webcontactoenlaces
fundaciónempresaárea técnicaárea educativa-divulgativa
submenú
Martes, 7 de Setembro de 2010
Área divulgativa
Cursos de condución eficiente

A Fundación Sotavento Galicia remata a campaña 2010 da súa nova proposta formativa consistente na organización e posta en marcha dunha serie de cursos encamiñados a realizar un uso máis racional dos nosos vehículos.

A proposta enmárcase dentro das medidas de uso máis eficientes dos medios de transporte, no Plan de Acción 2008-2012 de Estratexia de Aforro e Eficiencia Enerxética en España (E4) que canaliza o Instituto para a Diversificación e Aforro de Enerxía (IDAE) a través do INEGA.

Analizando os resultados obtidos nos máis de 600 cursos teórico–prácticos desta campaña 2010, obtemos os seguintes datos:

  • Os participantes, nun 58% homes en un 42% mulleres, comprobaron que a redución do consumo non supón un aumento no tempo empregado nos desprazamentos senón que, pola contra, este tempo redúcese á vez que se minimizan entre un 10% e un 25% as posibilidades de sufrir un accidente.
  • O aforro medio de combustible, con respecto á condución habitual dos participantes, foi dun 16’3% (1’6 L/100 km), cifra que supera nun 1’3% o aforro medio teórico que se esperaba acadar con este tipo de actuacións cifrado polo IDAE nun 15%.
  • Este tipo de condución, calculado para unha media de 16.000 km ao ano, supoñerá un aforro anual por persoa duns 235 € cun coche de gasolina e uns 174 € cun de gasóleo.

Segundo o IDAE, se todos os condutores e condutoras utilizáramos as técnicas de condución económica, no noso país aforraríanse 2.555 millóns de litros de combustible, o que supón que poderían circular gratis 2’6 millóns de automóbiles e se aforrarían 2.134 millóns de euros cada ano (unha media de 136 euros por condutor).

A isto hai que sumarlle os enormes beneficios medio ambientais que pode supoñer realizar unha condución eficiente. Con iso lograríase unha redución das emisións de CO2 de 6’3 millóns de toneladas, equivalentes a plantar 48 millóns de árbores en España que ocuparían o 20% da superficie da provincia de Pontevedra ou o 45% da de Guipúscoa. A isto engádeselle o grave problema da contaminación acústica: o ruído provocado por un coche a 4.000 rpm, equivale ao de 32 vehículos a 2.000 rpm.

Informaremos cumpridamente de futuras campañas.