logotipo de sotavento inicioubicaciónvisita virtualcámara webdatos en tiempo realtiendamapa webcontactoenlaces
fundaciónempresaárea técnicaárea educativa-divulgativa
submenú
Venres, 25 de Xullo de 2008
Área divulgativa
Instalacións Exteriores

Na zona exterior do Parque, o visitante pode recrearse co seguinte percorrido:

  • Aeroxeradores: 24 máquinas entre as cales atopamos 9 modelos distintos, compoñen a oferta divulgativa-educativa en materia eólica de Sotavento.
  • O Bosque de tarabelas: utilizadas tradicionalmente para protexer os cultivos das aves.
  • O Bosque de mangas: para coñecer a forza e dirección do vento. En Sotavento hainas ata de 7 m de lonxitude.
  • As Mámoas: 9 túmulos ou sepulcros propios do período megalítico que podemos contemplar neste percorrido.
  • Eolo experiencias: zona dedicada á exposición de curiosos inventos relacionados coas transformacións enerxéticas, e realizados con material reutilizado.
  • Placas solares térmicas e fotovoltaicas: instalación real destinada ó aproveitamento enerxétco do edificio.
  • Ruta do Vento: ocupa parte da superficie exterior do Parque e está formada por esculturas realizadas con pezas de refugallo da mina e central térmica das Pontes que, unha vez acondicionadas e tratadas esteticamente, utilizáronse para divulgar as enerxías renovables.
  • Ruta das Pedras: podemos ver durante o traxecto, a riqueza xeolóxica galega nunha exposición permanente e única das pedras máis representativas da xeoloxía galega, realizada polo Museo de Historia Natural "Luis Iglesias" da Universidade de Santiago de Compostela.
  • Zona de cultivos enerxéticos: ensaio-demostración da produción deste tipo de fonte enerxética, realizada polo Departamento de Edafoloxía da Universidade de Santiago e composta por dezaseis cultivos enerxéticos distintos.