|
|
 |
Área divulgativa Metodoloxía |
|

|
A metodoloxía empregada en Sotavento parte fundamentalmente dos principios da Lei que regula o Sistema Educativo español (L.O.X.S.E.). En Sotavento tratamos, polo tanto, de favorecer unha aprendizaxe significativa nos visitantes, adaptando as actividades e explicacións ós seus coñecementos previos, idades, inquietudes, características, etc. Dita metodoloxía estará igualmente presente, tanto en grupos pertencentes á educación formal, coma en calquera tipo de visita que acceda ás nosas instalacións, e ademais verase continuamente exposta a modificacións derivadas, ben sexa das valoracións finais realizadas ó final de cada visita ou ben ás avaliacións que, o Equipo Divulgativo, realiza ó visitante para determinar a consecución dos seus obxectivos didácticos.
Non menos importantes son os aspectos vinculados ós principios da Lei Orgánica 1/1990 e da Lei Orgánica de Calidade da Educación 10/2002. Así, utilizaremos no posible a manipulación e experimentación como recurso fundamental para afianzar e poñer en práctica os coñecementos adquiridos.
Por último, o proxecto educativo de Sotavento inclúe un aspecto común orientado a todos os niveis educativos, o aspecto lúdico, recurso imprescindible para divertirse durante a visita e avaliar as aprendizaxes.
|