|
|
 |
Área divulgativa Plan Divulgativo |
|

|
O Proxecto Didáctico-Divulgativo do Parque Eólico Experimental Sotavento, parte da necesidade de dar a coñecer un campo descoñecido e ó mesmo tempo tan achegado, para a sociedade en xeral, como son as enerxías renovables. Foi necesaria, dada a peculiaridade deste proxecto, único en España, a creación dun Plan Educativo propio que ten entre os seus obxectivos principais os seguintes:
Servir de apoio ó labor educativo realizado nos centros polo profesorado, de aí que procurase unha vinculación directa dos obxectivos didácticos do Parque, con determinadas áreas que establecen as leis educativas para os distintos niveis de educación.
- Ser un centro de información-formación para todos os segmentos de poboación que tivesen interese ou intereses no campo das enerxías renovables.
- Posibilitar que os visitantes adquiran experiencias e coñecementos suficientes para obter unha comprensión crítica e contextualizada dos principais problemas ambientais que xera a intervención humana no medio. O Plan Educativo de Sotavento, intenta facilitar dita comprensión, achegándolle ó visitante unha mostra da realidade tecnolóxica e enerxética actual.
- Caracterizar as actividades realizadas con aspectos lúdico-formativos, co fin de motivar e predispor á aprendizaxe, sobre todo ós visitantes máis novos.
|