logotipo de sotavento inicioubicaciónvisita virtualcámara webdatos en tiempo realtiendamapa webcontactoenlaces
fundaciónempresaárea técnicaárea educativa-divulgativa
submenú
Mércores, 9 de Xullo de 2008
Área divulgativa
Obxectivos Educativos

  • Observar distintas formas tradicionais de obter enerxía e a súa evolución ó longo da historia do home.
  • Coñecer e comprender as fontes de enerxía renovables e non renovables, así como as súas características principais.
  • Analizar o funcionamento dun parque eólico nas súas distintas fases: montaxe, produción e evacuación.
  • Coñecer o aproveitamento da enerxía solar nas súas distintas vertentes: térmica e fotovoltaica.
  • Descubrir e aprender as novidades tecnolóxicas que, no campo da transformación enerxética, terán repercusión nun futuro inmediato.
  • Identificar as diferenzas tecnolóxicas existentes no Parque e a súa terminoloxía.
  • Valorar as repercusións que as actividades humanas teñen sobre a natureza, e tomar conciencia da necesidade dun desenvolvemento sostible.
  • Tomar conciencia da necesidade dun consumo enerxético responsable e eficiente, ante o crecente aumento das necesidades enerxéticas.