logotipo de sotavento inicioubicaciónvisita virtualcámara webdatos en tiempo realtiendamapa webcontactoenlaces
fundaciónempresaárea técnicaárea educativa-divulgativa
submenú
Sábado, 11 de Setembro de 2010
Área divulgativa
Publicacións

Co fin de reforzar e facilitar o labor formativo, algunhas das creacións levadas a cabo polo Plan Divulgativo de Sotavento foron:

  • Guías didácticas de primaria e secundaria. Con elas preténdese establecer a vinculación didáctica entre a visita ó Parque e os obxectivos propostos polos actuais programas educativos.
  • Guía do consumidor eficiente. Tríptico informativo que ten como obxectivo concienciar o visitante dun consumo enerxético responsable.

    [Ver Publicación (versión 1)]
    [Ver Publicación (versión 2)]
  • Guía do visitante. Para aqueles visitantes que desexen coñecer o parque por si mesmos, elaboramos un percorrido recomendado co fin de facilitar a visita formativa ás nosas instalacións.
  • A enerxía ao redor de ti. Esta publicación tenta describir, dun xeito práctico, cales son os recursos enerxéticos dispoñibles no Planeta, como funcionan os distintos sistemas para o seu aproveitamento, que problemas se derivan da súa utilización e como podemos e debemos actuar para mitigar as súas consecuencias.

    [Ver Publicación]
  • Díptico sobre Enerxías Renovables. Manual rápido con vantaxes, inconvenientes e funcionamento básico das distintas enerxías renovables.
  • Enerxías renovables e tradición. Trátase dunha publicación onde se realiza unha visión retrospectiva e comparativa, entre as fontes de enerxía tradicionais e a realidade enerxética actual.

    [Ver Publicación]
  • Manual de información ambiental. Realizado pola Universidade de Santiago; é un completo estudo ambiental da localización do parque: paisaxe, flora, fauna, patrimonio, recursos, etc.
  • Guía tecnolóxica do Parque. Dirixida ós grupos con máis coñecementos eólicos; o seu obxectivo fundamental é presentar as distintas tecnoloxías presentes en Sotavento, así como as súas características principais.
  • Ruta das pedras. Manual que facilita o percorrido por esta singular Ruta; elaborada polo Museo de Historia Natural e cuxas características fana única en Galicia.

    [Ver Publicación (Alumnos)]
    [Ver Publicación (Mestres)]
  • Papaventos con historia. Este documento, persegue achegarnos ao apaixoante e descoñecido mundo dos papaventos así como axudarnos a comprender as bases científicas de distintos fenómenos relacionados co vento.

    [Ver Publicación]
  • Muíños do Mundo. Esta publicación pretende amosar, dun xeito divulgativo, as principais características e evolución do funcionamento das máquinas eólicas dende a antigüidade ata os nosos días, e tamén, axudarnos a tomar conciencia da enorme capacidade humana para medrar tecnoloxicamente en períodos relativamente curtos de tempo.

    [Ver Publicación]