logotipo de sotavento inicioubicaciónvisita virtualcámara webdatos en tiempo realtiendamapa webcontactoenlaces
fundaciónempresaárea técnicaárea educativa-divulgativa
submenú
Luns, 20 de Maio de 2013
ÁREA TÉCNICA
Impacto Ambiental

Impactos/Paisaxe:

Os aeroxeradores son sempre elementos altamente visibles na paisaxe; por outro lado, non están situados adecuadamente desde un punto de vista meteorolóxico. En consecuencia, provocan un impacto paisaxístico, que mentres que para uns é positivo, outros considérano inasumible (polo tanto, trátase dunha cuestión ligada a percepcións individuais). En calquera caso, a creación dos parques eólicos está suxeita ás pertinentes actuacións ambientais para evitar e restaurar a vexetación, pechar os camiños ó paso de vehículos, etc.

Impactos/ Fauna e flora:

Outros aspectos criticados son as supostas afeccións que causan á flora e fauna, en especial ás aves. Neste terreo, o mellor é guiarse polos estudos científicos, como o que está realizando a Consejería de Medio Ambiente de Navarra sobre a relación entre a avifauna e os parques eólicos da Comunidade foral. As conclusións da primeira fase do traballo, desenvolvida entre marzo de 2000 e marzo de 2001, determinaron unha taxa de colisións de aves do 0,1 %. Estudos semellantes realizados en Dinamarca, concluíron que as aves se acostuman rapidamente ós aeroxeradores e desvían a súa traxectoria de voo para evitalos.

Impactos/RuÍdo:

A contaminación acústica provocada polos aeroxeradores dos anos 80, deixou de ser considerada un problema xa que as emisións sonoras das turbinas actuais reducíronse por debaixo da metade.

Impactos/ Pintura gris claro:

A pintura gris das turbinas fai que se confundan coa paisaxe.

Impactos/TAMAÑO DOS AEROXERADORES:

Os grandes aeroxeradores permiten unha produción igual de enerxía cun número menor de aeroxeradores. Isto pode supor certas vantaxes económicas, como menores custos de mantemento.

Desde un punto de vista estético, os grandes aeroxeradores tamén supoñen unha vantaxe, porque xeralmente teñen unha velocidade de rotación menor cás turbinas máis pequenas. Así pois, en xeral, as grandes turbinas non chaman a atención da mesma forma que o fan os obxectos que se moven rapidamente.

Impactos/ANÁLISE DO PARQUE EÓLICO SOTAVENTO:

Identifícanse e valóranse neste capítulo, as posibles alteracións ambientais que pode producir a instalación do Parque Eólico Sotavento, a partir da análise do proxecto e as súas repercusións no contorno, estudando todos os impactos, incluso aqueles que parezan de escaso risco ou de baixa probabilidade.

A metodoloxía seguida baséase na valoración individual de cada tipo de impacto, tendo en conta a súa verosimilitude e o seu grao de alcance, para posteriormente analizar en conxunto todos os aspectos determinantes que favorecen o impacto global e para establecer a gravidade do mesmo.

Tivéronse en conta os niveis de gravidade que contempla o Decreto 442/1990 de Avaliación do impacto ambiental para Galicia: crítico, severo, moderado e compatible.

Ademais, os impactos valóranse de acordo coa súa posible influencia e coas súas características complementarias:

Signo Positivo (+), negativo (-) ou nulo (0)
Duración Temporal (TEM) ou permanente (PEM)
Evolución Simple (SIM), acumulativo (ACU) ou sinérxico (SIN)
Orixe Directo (DIR) ou indirecto (IND)
Reversibilidade Reversible (REV) ou irreversible (IRV)
Recuperabilidade Recuperable (REC) ou irrecuperable (IRC)
Persistencia Periódico (PER) ou irregular (IRG)
Continuidade Continuo (CON) ou discontinuo (DIS)
Magnitude Moi baixa, baixa, media, alta ou moi alta
Impacto Compatible (COMP), moderado (MOD), severo (SEVE) ou crítico (CRIT)

Na seguinte táboa figura o significado de cada un dos conceptos anteriormente indicados.

 

Definición de efectos e impactos (Anexo 1 do RD 1131/88):

CONCEPTO DEFINICIÓN
Efecto positivo Aquel admitido como tal, tanto pola comunidade técnica e científica coma pola poboación en xeral, no contexto dunha análise completa dos custos e beneficios xenéricos e das externalidades da actuación contemplada.
Efecto negativo Aquel que se traduce en perda de valor naturalístico, estético, cultural, paisaxístico, de produtividade ecolóxica, ou en aumento dos prexuízos derivados da contaminación, da erosión ou da colmatación e demais riscos ambientais en discordancia coa estrutura ecolóxico-xeográfica, o carácter e a personalidade dunha localidade determinada.
Efecto nulo Aquel que non se pode considerar nin positivo nin negativo.
Efecto directo Aquel que ten unha incidencia inmediata nalgún aspecto ambiental.
Efecto indirecto Aquel que supón unha incidencia inmediata respecto á interdependencia, ou, en xeral, respecto á relación dun sector ambiental con outro.
Efecto simple Aquel que se manifesta sobre un só compoñente ambiental ou cuxo modo de acción é individualizado, sen consecuencias na indución de novos efectos, nin na da súa acumulación, nin na da súa sinerxia.
Efecto acumulativo Aquel que ó prolongarse no tempo a acción do axente indutor, incrementa progresivamente a súa gravidade pola carencia de mecanismos de eliminación con efectividade temporal similar á do incremento do axente causante do dano.
Efecto sinérxico Aquel que se produce cando o efecto conxunto da presenza simultánea de varios axentes supón unha incidencia ambiental maior que o efecto suma das incidencias individuais contempladas illadamente. Así mesmo, inclúese neste tipo, aquel efecto cuxo modo de acción induce no tempo á aparición doutros novos.
Efecto permanente Aquel que supón unha aparición indefinida no tempo de factores de acción predominante na estrutura ou na función dos sistemas de relacións ecolóxicas ou ambientais presentes nese lugar.
Efecto temporal Aquel que supón unha alteración non permanente no tempo, cun prazo temporal de manifestacións que pode estimarse ou determinarse.
Efecto reversible Aquel no que a alteración que supón pode ser asimilada polo contorno da forma medible, a medio prazo, debido ó funcionamento dos procesos naturais da sucesión ecolóxica, e dos mecanismos de autodepuración do medio.
Efecto irreversible Aquel que supón a imposibilidade, ou a “dificultade extrema”, de retornar á situación anterior á acción que o produce.
Efecto recuperable Aquel no que a alteración que supón pode eliminarse, ben pola acción natural, ben pola acción humana, e, así mesmo, aquel que na alteración que supón pode ser substituído.
Efecto irrecuperable Aquel no que a alteración ou perda que supón é imposible de reparar ou restaurar, tanto pola acción natural coma pola humana.
Efecto periódico Aquel que se manifesta cun modo de acción intermitente e continua no tempo.
Efecto irregular Aquel que se manifesta de forma imprevisible no tempo e cuxas alteracións é preciso avaliar en función dunha probabilidade de ocorrencia, sobre todo naquelas circunstancias non periódicas nin continuas pero de gravidade excepcional.
Efecto contínuo Aquel que se manifesta a través de alteracións irregulares na súa permanencia.
Efecto discontinuo Aquel que se manifesta a través de alteracións irregulares ou intermitentes na súa permanencia.
Impacto compatible Aquel cuxa recuperación é inmediata tras o cesamento da actividade e non precisa prácticas protectoras ou correctoras.
Impacto moderado Aquel no que a recuperación non precisa prácticas protectoras ou correctoras intensivas, e no que a consecución das condicións ambientais iniciais require certo tempo.
Impacto severo Aquel no que a recuperación das condicións do medio esixe a adecuación de medidas protectoras ou correctoras, e no que, aínda con estas medidas, aquela recuperación precisa un período de tempo dilatado.
Impacto crítico Aquel cuxa magnitude é superior ó límite aceptable. Con el prodúcese unha perda permanente da calidade das condicións ambientais, sen posible recuperación, incluso coa adopción de medidas protectoras ou correctoras.

 

Análise de impacto:

AFECCIÓN
Fase de construción
Impacto na atmosfera - TEM SIM DIR REV REC PER DIS MEDIA COMP
Impacto sonoro - TEM SIM DIR REV REC IRG DIS ALTA COMP
Impacto electromagnético 0 - - - - - - - - NULO
Impacto sobre o solo - PEM SIM DIR IRV IRC PER CON ALTA SEVE
Impacto na vexetación - PEM SIM DIR IRV IRC PER CON ALTA SEVE
Impacto na fauna - TEM SIM DIR REV REC PER DIS MEDIA COMP
Impacto hidrolóxico - TEM SIM DIR REV REC PER DIS BAIXA COMP
Impacto sobre a paisaxe - TEM SIM DIR REV REC PER DIS BAIXA COMP
Impacto socio-económico + TEM SIM DIR REV REC PER DIS ALTA COMP
Fase de explotación
Impacto na atmosfera 0 - - - - - - - - NULO
Impacto sonoro - PEM ACU DIR REV REC PER CON ALTA COMP
Impacto electromagnético - TEM SIN DIR REV REC PER DIS M. BAIXA COMP
Impacto no solo 0 - - - - - - - - NULO
Impacto na vexetación - PEM SIM DIR REV REC PER DIS M. BAIXA COMP
Impacto na fauna - PEM SIM DIR REV REC PER CON ALTA COMP
Impacto hidrolóxico 0 - - - - - - - - NULO
Impacto sobre a paisaxe - PEM ACU DIR REV REC PER CON MEDIA COMP
Impacto socio-económico + PEM ACU DIR REV REC PER CON MEDIA COMP
Fase de abandono
Impacto global COMP