logotipo de sotavento inicioubicaciónvisita virtualcámara webdatos en tiempo realtiendamapa webcontactoenlaces
fundaciónempresaárea técnicaárea educativa-divulgativa
submenú
Domingo, 18 de Maio de 2008
ÁREA TÉCNICA
Presentación

A Xunta de Galicia apostou nos últimos anos, dunha maneira decisiva, polas enerxías renovables e en especial pola eólica, desenvolvendo o Plan Eólico de Galicia.

Dentro deste marco, a Consellería de Innovación, Industria e Comercio promoveu e desenvolveu a idea de non cinguir o Plan Eólico de Galicia, en exclusiva, ó ámbito comercial, co obxectivo de crear un parque eólico que fose rendible economicamente e que perseguise, ademais, dous obxectivos novidosos, o divulgativo e o formativo.

Deste proxecto xurdiu no ano 1997 SOTAVENTO GALICIA, S.A. como un Parque Eólico Experimental.

Nesta Sociedade promovida pola Xunta de Galicia, participan tres entidades públicas que forman o 51% do capital social: Instituto Enerxético de Galicia (INEGA), SODIGA GALICIA. S.R.C, S.A., Instituto para la Diversificación y Ahorro de la Energía (IDAE); e catro empresas privadas en representación do sector eléctrico de Galicia: Endesa Cogeneración y Renovables, Enel Union Fenosa Energías Especiales, Iberdrola Energías Renovables de Galicia e Energía de Galicia, S.A. (ENGASA)

O obxectivo de SOTAVENTO, conforme á súa idea orixinaria, é perseguir ademais da explotación comercial dun parque eólico, catro obxectivos que dificilmente serían formulables coa iniciativa privada:

  • Ser un parque "escaparate" das diferentes tecnoloxías eólicas presentes en Galicia
  • Ser un marco para a realización de actividades de I+D
  • Centro de formación e debate
  • Centro de divulgación de enerxías renovables

Aquí cinguirémonos a expor brevemente os dous primeiros:

Parque escaparate

Quere ser un parque "escaparate", no sentido de que nun só parque se atopan representadas as diferentes tecnoloxías de aeroxeradores que están implantados en Galicia.

Este Parque eólico consta de vinte e catro aeroxeradores de cinco das tecnoloxías implantadas nos parques eólicos de Galicia, con nove modelos de máquinas diferentes.

Marco para actividades de investigación e desenvolvemento

Como parque eólico experimental no cal están presentes as diferentes tecnoloxías de aeroxeradores existentes en Galicia na actualidade, é un lugar ideal para o desenvolvento de proxectos de I+D.

Sotavento dotouse para isto de medios técnicos e instalacións de primeira liña para poder realizar estas actuacións.

PRESENTACIÓN/DATOS TÉCNICOS:

Os datos técnicos máis relevantes son os seguintes:

Nº de aeroxeradores: 24

Tecnoloxías presentes: 5

Máquinas diferentes: 9

Potencia nominal do parque: 17,56 MW

Xeración anual prevista: 38.500 MWh

Liña de evacuación de 9 Km ata a subestación de Mourela, de Unión Fenosa a 132 kV

Ventos predominantes: suroeste (SO) ou nordeste (NE)

Velocidade media anual: +-7m/s