![]() |
|||||
![]() ![]() |
|||||
Venres, 29 de Agosto de 2008 |
|||||
PROXECTO/ANTECEDENTES:
Nas distintas fases para a instalación dun parque eólico (deseño, construción e montaxe, posta en marcha e explotación) necesítase a coordinación entre a gran variedade de empresas intervenientes (tecnólogos, enxeñería, montadores) de cara ó correcto funcionamento da central de xeración eléctrica. No parque de Sotavento, esta diversidade acentúase coa existencia de cinco tecnoloxías eólicas con diferentes sistemas de xeración eléctrica. Por todo isto, Sotavento, como parque eólico experimental, realizou un estudo profundo das infraestruturas eléctricas, co obxecto de situar en condicións óptimas de explotación e operación o parque eólico como central de xeración. PROXECTO/OBXECTIVOS:
O proxecto trata de analizar, desde o punto de vista electrotécnico, os diferentes compoñentes eléctricos da rede de BT, MT, Subestación e liña de 132 kV do parque, permitindo establecer pautas de actuación no deseño e mantemento en diversos campos das instalacións eólicas como poden ser:
PROXECTO/METODOLOXÍA (FASES) :
Os traballos realizados neste proxecto foron principalmente os seguintes:
PROXECTO/ORGANISMOS COLABORADORES :
D. Juan Rodríguez foi o responsable e coordinador da realización do estudo, con achega de medios materiais para a súa realización das Universidades da Coruña e Vigo. PROXECTO/SITUACIÓN ACTUAL :
O proxecto, neste momento, atópase finalizado, e avaliando posibles melloras a implementar nas instalacións a partir das conclusións do informe. PROXECTO/INFORMES REALIZADOS :
|
|||||
|
|||||