 |
ÁREA TÉCNICA
Proxecto: Predición eólica (Anemos) |

|
proxecto/antecedentes:

A grande expansión que está tendo a enerxía eólica no noso país, con máis de 5.500 MW de potencia instalada ata a data, sitúan a España nunha posición dominante a nivel mundial neste sector enerxético. Non obstante, a propia natureza intermitente do recurso eólico dificulta a predición da produción e polo tanto, a súa maior integración no sistema eléctrico.
Por todo isto, faise necesario o uso de ferramentas avanzadas de predición, de xeito que mellore a xestión da enerxía eólica e a súa competitividade, facilitando as operacións de mantemento e favorecendo a súa integración a maior escala no contexto dun mercado eléctrico liberalizado. Nesta dirección estase a desenvolver unha intensa actividade investigadora.
PROXECTO/OBXECTIVOS:

ANEMOS é un proxecto Europeo de I+D promovido pola Comisión Europea ó abeiro do 5º Programa Marco. O obxectivo perseguido é unha análise detallada do estado da arte das técnicas de predición do potencial eólico, mediante a experimentación e estudo comparativo de diversas opcións, para o desenvolvemento de solucións óptimas que faciliten a integración da produción eólica no sistema eléctrico.
Os modelos de predición a avaliar son os seguintes:
Modelo de predición |
Organismo |
Prediktor |
Riso (Dinamarca) |
WPPT |
IMM; Universidad Técnica de Dinamarca (Dinamarca) |
Zephir, Combination of WPPT
and Prediktor |
Riso e IMM (Dinamarca) |
Previento |
Universidade de Oldenburg (Alemaña) |
AWPPS |
Escola de Minas de París/ ARMINES (Francia) |
Local Pred |
CENER (España) |
HIRPOM |
Universidade de Cork (Irlanda) e Instituto Meteorológico Danés |
SIPREÓLICO |
Universidade Carlos III (España) |
AWPT |
ISET (Alemaña) |
PROXECTO/METODOLOXÍA (FASES):

As distintas actividades que terán lugar ó longo do proxecto, inclúense en dez fases:
- Estado da arte. Avaliación de necesidades. Adquisión de datos e análise.
- Avaliación de técnicas de predición existentes.
- Mellora e desenvolvemento de modelos estatísticos.
- Desenvolvemento de modelos físicos.
- Predición en parques off-shore.
- Desenvolvemento da plataforma de predición ANEMOS.
- Instalación para operación on-line.
- Avaliación de operación on-line.
- Diseminación de resultados.
- Coordinación.
PROXECTO/ORGANISMOS COLABORADORES :

Participan no proxecto os principais organismos con experiencia en predición eólica, xunto a un selecto grupo de promotores e empresas eléctricas posicionándose nun lugar destacado, co obxecto de aproveitar ó máximo os beneficios do emprego desta ferramenta de predición.
A coordinación do proxecto realízaa a Escola de Minas de París (ARMINES)
En España participan o IDAE, CIEMAT, CENER, EHN, a Universidade Carlos III e REE.
O resto de participantes son:
- EDF, ARIA Technologies, Meteo France e a Escola de Minas de París en Francia.
- RISOE, DTU, ELSAM en Dinamarca
- Oldenburg Univ., EWE e Overspeed en Alemaña.
- ESB en Irlanda.
- NTUA, PPC - Crete en Grecia
- CLRC en Inglaterra
PROXECTO/SITUACIÓN ACTUAL:

O proxecto neste momento estase a desevolver nas fases previstas (fases 1 e 2), recompilación de datos e elaboración de necesidade do software.
|