logotipo de sotavento inicioubicaciónvisita virtualcámara webdatos en tiempo realtiendamapa webcontactoenlaces
fundaciónempresaárea técnicaárea educativa-divulgativa
submenú
Venres, 29 de Agosto de 2008
ÁREA TÉCNICA
Proxecto: Instalación Eléctrica Fotovoltaica

PROXECTO/antecedentes:

Nos últimos anos produciuse un imparable crecemento no uso das fontes de enerxía renovables en xeral e da solar en particular. Este aumento quizais se deba ao previsible esgotamento dos recursos enerxéticos fósiles e ás consecuencias medioambientais que a súa explotación leva consigo.

A Fundación Sotavento Galicia, presenta este proxecto co cal pretende realizar unha análise rigorosa das distintas tecnoloxías existentes na actualidade encamiñadas a optimizar o aproveitamento máximo da enerxía que provén do Sol.

Para isto, Sotavento puxo en funcionamento tres instalacións fotovoltaicas da mesma potencia pero con distintas tecnoloxías de seguimento solar. Esta diversidade tecnolóxica pemitirá realizar un estudo comparativo entre os sistemas de seguimento máis comúns, existentes actualmente no mercado.

proxecto/OBXECTIVOS:

O principal obxectivo é realizar unha comparación da xeración de enerxía fotovoltaica con sistemas fixos e móviles e comprobar a influencia que ten a instalación de seguidores solares para os paneis fotovoltaicos na zona xeográfica na que se atopa Sotavento. Os sistemas presentes neste proxecto son:

  • Instalación fixa
  • Instalación con seguidor solar a un eixe mediante o calendario astronómico.
  • Instalación con seguidor solar a dous eixes mediante prismas solares.

Cada instalación está composta por 15 paneis fotovoltaicos policristalinos de 120 Wp cada un, co que suman unha potencia idéntica de 1800 Wp.

Outro dos obxectivos é divulgar os resultados de maneira sinxela e interactiva mediante a creación dunha aplicación informática onde se exporán os datos instantáneos e históricos das tres instalacións: producións, rendementos, emisións de CO2 evitadas, custos, etc.

Esta nova instalación, realizada con paneis solares policristalinos, súmase ás tipoloxías de paneis solares fotovoltaicos xa presentes con anterioridade en Sotavento: monocristalinos e de capa fina (tecnoloxía CIS).

proxecto/Instalacións:

Sistemas de seguimento empregados:

  • Fixa, sen seguimento solar, con inclinación de 35º sobre o chan e orientadas permanentemente ao sur.
  • A un eixe, con orientación leste-oeste e inclinación permanente de 35º sobre o chan. Seguidor solar con calendario astronómico. O motor de orientación é alimentado mediante unha batería que se carga coa xeración eléctrica dun panel solar da propia instalación.
  • A dous eixes, con orientación leste-oeste e inverno-verán. Seguidor solar con prismas que detectan a posición do Sol. A electricidade que necesita o motor de orientación é subministrada pola rede.

Compóñense cada unha de 15 paneis fotovoltaicos policristalinos de 120 Wp cada un. En total a potencia instalada en cada bloque de paneis suma 1800 Wp.

Cada instalación posúe o seu propio inversor que realiza lecturas da produción eléctrica, voltaxe, intensidade, enerxía xerada, etc. Os datos dos inversores son enviados a uns analizadores para ser amosados posteriormente nun monitor mediante un programa interactivo que incorpora informacións adicionais para unha mellor divulgación do proxecto.

proxecto/situaciÓn actual:

As instalacións atópanse xa en funcionamento e conectadas á rede, quedando pendente a parte infomática interactiva destinada á divulgación do proxecto.