![]() |
|||||
![]() ![]() |
|||||
Venres, 29 de Agosto de 2008 |
|||||
PROXECTO/ANTECEDENTES:
A predición de produción enerxética de parques eólicos ten carácter estratéxico na situación do mercado eléctrico, por atoparse en fase de transición cara ó libre mercado. A predición aplicada a parques eólicos constitúe unha ferramenta que permitirá xestionar o sistema eléctrico de forma máis eficaz, proporcionando capacidade de previsión da xeración de orixe eólica. O modelo de predición posibilita efectuar ofertas da enerxía que vai producir o parque eólico, co conseguinte valor engadido para a xeración. O CIEMAT (Centro de Investigaciones Energéticas, Medioambientales y Tecnológicas) realizou no ano 1999 unha revisión da arte internacional dos modelos de predición existentes para parques eólicos. Ademais, no marco deste estudo, o CIEMAT probou dous modelos de predición, o Prediktor do Riso National Laboratory e o WPPT da Universidade Técnica de Dinamarca, nun parque eólico en terreo complexo en España. As conclusións deste estudo de situación dos modelos de predición indicaron que:
O CIEMAT e o CENER (Centro Nacional de Energías Renovables) estableceron un convenio para o desenvolvemento técnico e comercial, das técnicas e programas de predición de vento e produción de enerxía eólica. En base a este acordo, Sotavento realizou este proxecto co CENER. Sotavento Galicia, S.A., como parque eólico experimental, mostrou desde os seus comezos un grande interese por avaliar modelos de predición no seu parque, inclinándose polo modelo LocalPred. proxecto/obxeCtivos:
Os principais son:
proxecto/metodoloxía (fases) :
As distintas fases que teñen lugar ó longo do proxecto son:
É necesario adquirir a predición numérica dun modelo meteorolóxico, neste caso optouse polo Instituto Nacional de Meteorología mediante o modelo HIRLAM. Utilizaranse predicións históricas e predicións en tempo real. As predicións históricas servirán para adestrar o modelo de predición e axustalo á zona de estudo. Unha vez que se teña o modelo optimizado, incorporaranse as predicións en tempo real. O modelo de predición necesita dispor de datos de vento e produción enerxética do parque eólico. SOTAVENTO encárgase de crear unha base de datos coas súas medidas, adaptándoa ó formato que require o modelo de predición. A partir das predicións históricas e dos datos medidos de velocidade e produción no parque, axustouse o modelo de predición por CENER-CIEMAT. A partir dos datos sobre o funcionamento e a operación do parque eólico subministrados por SOTAVENTO, modelizarase o funcionamento do parque eólico obtendo unha curva de potencia de parque. Na modelización do parque terase en conta a velocidade, dirección do vento e dispoñibilidade dos aeroxeradores entre outros parámetros. Realizarase un primeiro cálculo de erros, tras axustar o modelo para o parque eólico. Realizarase a instalación do modelo de predición nos equipos de SOTAVENTO. Durante a duración do proxecto realizarase un seguimento do funcionamento do modelo. A fase final do proxecto consistirá nunha avaliación do rendemento do modelo de predición. Os resultados do apartado 7º serven para indentificar as posibles melloras do modelo de predición para o parque eólico de SOTAVENTO. As melloras que se poden incluír: proxecto/organismos colaboradores:
O presente proxecto de colaboración realízase no marco dos contactos mantidos entre, SOTAVENTO, o IDAE e o CIEMAT, co fin de instalar un modelo de predición da produción enerxética no parque eólico de SOTAVENTO. proxecto/SITUACIÓN ACTUAL :
O proxecto atópase finalizado. Actualmente estase a traballar cos modelos de predicción eólica a curto plazo (alcance máximo de 120 horas). Algúns destes modelos son:
|
|||||
|
|||||