logotipo de sotavento inicioubicaciónvisita virtualcámara webdatos en tiempo realtiendamapa webcontactoenlaces
fundaciónempresaárea técnicaárea educativa-divulgativa
submenú
Martes, 7 de Febreiro de 2012
ÁREA TÉCNICA
Proxecto: Monitorización solar térmica en Sotavento

PROXECTO/ANTECEDENTES:

O parque eólico de Sotavento ten en funcionamento dende o ano 2003 unha instalación de enerxía solar térmica para o quentamento de AQS, calefacción por solo radiante na sala de control e calefacción mediante aerotermos na zona do taller.

As características principais da instalación son:

  • Superficie solar: 8 m2 (marca Wolf).
  • Volume acumulación: 500 litros.

O sistema de enerxía auxiliar realízase por medio dunha bomba de calor aire-auga.

PROXECTO/Obxecto:

O proxecto pretende a monitorización e automatización mediante o desenvolvemento dun programa Scada específico de todos os circuítos hidráulicos compoñentes da instalación solar térmica. Así mesmo, servirá de base para a análise do rendemento deste tipo de instalacións solares térmicas mediante a obtención de diferentes informes:

  • Balance da enerxía térmica achegada e consumida.
  • Rendemento dos colectores solares.
  • Rendemento da bomba de calor en función da temperatura ambiente.
  • Históricos e gráficas de evolución.

PROXECTO/METODOLOXÍA:

A metodoloxía do proxecto abarcou as seguintes fases realizadas ó longo do ano 2004:

  • Definición das variables a controlar (temperaturas, caudais, potencias caloríficas).
  • Definición dos sensores de medida (sondas de temperatura, caudalímetros, sensor de medición da radiación e temperatura ambiente) e adquisición dos mesmos.
  • Definición das entradas e saídas analóxicas e dixitais. Adquisición da tarxeta de adquisición de datos adecuada a esas variables e relés actuadores.
  • Conxunto de cables, instalación de sensores e tarxeta de control.
  • Establecemento de pautas de funcionamento en automático da instalación, alarmas e almacenamento na base de datos.
  • Programación mediante LabVIEW para o funcionamento manual e automático, rexistro e visualización das variables históricas en intervalos de dez minutos, estados de funcionamento, alarmas, etc.
  • Posta en marcha: verificación das medidas de sensores correctas, arranques e paradas de bombas segundo a programación, etc.

PROXECTO/SITUACIÓN ACTUAL:

Dende decembro de 2004 o sistema está operativo, o que permitirá obter ó longo deste ano informes relativos ó rendemento da enerxía solar térmica neste tipo de aplicacións de AQS e calefacción na nosa comunidade.