|
|
 |
ÁREA TÉCNICA
Proxecto: Vivenda Bioclimática
|

|
PROXECTO/antecedentes:

Nun século marcado polo esgotamento dos recursos enerxéticos e os problemas ambientais derivados dun exceso de consumo, a Fundación Sotavento Galicia presenta este proxecto que pretende poñer á disposición de todas as persoas interesadas, unha exemplificación real das posibilidades que a bioclimática ofrece de aforrar enerxía e de mellorar a nosa calidade de vida.
Para conseguir este obxectivo, a Fundación Sotavento Galicia construirá unha vivenda duns 200 m2 que tendo en conta o clima e as condición do contorno, empregará o seu deseño e os propios elementos arquitectónicos como principais bazas para obter unhas condicións óptimas de habitabilidade no seu interior. A escasa demanda enerxética da vivenda será proporcionada polos sistemas enerxéticos renovables e/ou eficientes.
A casa, dotada dun sistema integral de xestión, ofrecerá ao visitante toda a información relativa ao seu funcionamento e mesmo permitirá variar as condicións exteriores (temperatura, época do ano, radiación solar, etc.) para comprobar a súa resposta en distintos ambientes simulados.
proxecto/OBXECTIVOS:

O principal obxectivo é amosar os fundamentos das construcións bioclimáticas e os distintos fenómenos que nelas se producen, tendentes a obter confortabilidade no seu interior. Por outra banda, tamén se procurará demostrar que dita confortabilidade pode conseguirse de forma sinxela, aforrando enerxía e polo tanto sendo respectuosos co medio natural.
Co fin de conseguir isto, realizarase un percorrido guiado polos seguintes aspectos duhna vivenda bioclimática:
- A importancia do asentamento no terreo e a forma do edificio para controlar as fontes e sumidoiros de calor (sol, ceo, aire e chan).
- A importancia da orientación para un bo funcionamiento bioclimático.
- A optimización e xestión da luz solar no verán e no inverno.
- Os modos de transmisión da calor de acordo cos nosos intereses e habitáculos dentro da vivenda para ter a mellor confortabilidade.
- As cualidades térmicas dos materiais opacos que se empreguen. Materiais illantes, condutores, acumulación de calor e estabilidade térmica.
- Condicións de confortabilidade térmica. Temperatura e humidade relativa
- Usos enerxéticos da vivenda (tipo de electrodomésticos, clases de iluminación, xestión da auga, etc.).
- Funcionamento enerxético integrado da propia vivenda, é dicir, a xestión das condicións bioclimáticas coas achegas das fontes de enerxías renovables necesarias unido á domótica. Posibilidades e efectos destas intervencións.
- Resultados enerxéticos esperados e medidos.
- Posibilidade de extrapolación de resultados a outro tipo de construcións bioclimáticas (casa, piso, etc.).
- O emprego de materiais naturais e locais como elementos importantes dunha arquitectura sostible.
- No proxecto aplicarase integramente o Código Técnico da Edificación, de maneira que acade os valores de excelencia na Cualificación Enerxética.
proxecto/Instalacións:

A demanda enerxética necesaria para a vivenda será proporcionada polos sistemas enerxéticos renovables e/ou eficientes:
- Solar fotovoltaica: instalación autónoma con acumulación
- Solar térmica: uso sanitario e calefacción
- Eólica: instalación autónoma con acumulación
- Biomasa: caldeira de 25 kW
- Bomba de calor xeotérmica
proxecto/arquitectos:

Este proxecto está realizado por unha empresa de ampla experiencia en arquitectura bioclimática denominada ALIA, arquitectura, enerxía e medio ambiente, SL., liderando o proxecto o arquitecto D. Emilio Miguel Mitre, profesional de recoñecido prestixio en construcións bioclimáticas.
proxecto/situaciÓn actual:

Neste momento atópase na fase de execución do proxecto de detalle e de tramitación das autorizacións administrativas, esperando o comezo das obras no verán.
proxecto/planos:

|