logotipo de sotavento inicioubicaciónvisita virtualcámara webdatos en tiempo realtiendamapa webcontactoenlaces
fundaciónempresaárea técnicaárea educativa-divulgativa
submenú
Mércores, 9 de Xullo de 2008

 

Sotavento Galicia, S.A. constitúese no ano 1997 como un Parque Eólico Experimental promovido pola Xunta de Galicia co obxectivo de crear un novo concepto de parque eólico. Coordina a iniciativa privada e a pública nun proxecto onde se representan as tecnoloxías eólicas implantadas en Galicia.

Sotavento Galicia, S.A. está participada por tres entidades públicas que forman o 51% do capital social: INEGA (Instituto Enerxético de Galicia), SODIGA GALICIA S.R.C., S.A., Instituto para la Diversificiación y el Ahorro de la Energía (IDAE), e catro empresas privadas en representación do sector eléctrico de Galicia: (ECYR), Enel Unión Fenosa Renovables, S.A., Iberdrola Energías Renovables de Galicia, S.A. e Energía de Galicia, S.A. (ENGASA).

O obxectivo é perseguir ademais da explotación comercial dun parque eólico, tres obxectivos que dificilmente serían levados a cabo unicamente coa iniciativa privada:

  • Ser un parque "escaparate" das diferentes tecnoloxías eólicas presentes en Galicia.
  • Centro de divulgación das enerxías renovables.
  • Ser marco para a realización de actividades de I+D.

Para acadar estes obxectivos creou a Fundación Sotavento Galicia.

A diversidade tecnolóxica do parque convérteo nunha plataforma ideal para a investigación, formación e divulgación das enerxías renovables.

O Parque consta dunha liña de 24 aeroxeradores que suman unha potencia instalada de 17,56 MW, estimándose unha produción anual de 38.500 MWh/ano.

Esta enerxía é suficiente para abastecer o consumo de 12.000 familias, aforra o consumo de 68.000 barrís de petróleo, e evita a vertedura de 36.000 toneladas/ano de CO2.

Neste parque eólico os ventos predominantes son S/W e N/E cunha velocidade media anual de 7,5 m/s (27 km/h).

O Parque Eólico Experimental Sotavento foi inaugurado o 21 de Xullo de 2001 pola súa Alteza Real Don Felipe de Borbón Príncipe de Asturias.

A Súa Alteza Real Don Felipe de Borbón Príncipe de Asturias inaugurando o Parque Eólico Experimental Sotavento.