|
|
A FUNDACIÓN SOTAVENTO GALICIA constituíuse
o 11 de maio de 2005 como fundación de interese galego e foi
promovida por Sotavento Galicia, S.A. como patrono fundador único.
Os fins fundacionais son os seguintes:
- A promoción, divulgación, formación, fomento
e debate de todos os aspectos relacionados coas enerxías renovables.
- Promoción e realización de proxectos, estudos e outras
actuacións de investigación e experimentación
relacionadas coa eólica en particular e coas enerxías
renovables en xeral.
- Fomentar e divulgar a importancia do aforro e eficiencia enerxética
para conseguir un desenvolvemento sostible.
- Promover, divulgar e fomentar actuacións que vinculen o desenvolvemento
enerxético coa súa iteracción co medio natural.
- Calquera outro tipo de actuación que implique unha mellora
na optimización e implantación das enerxías renovables
en xeral e da eólica en particular.
A Fundación desenvolve as súas actividades nas instalacións
do parque Eólico Experimental Sotavento. Estas actividades céntranse
en tres áreas:
- Área educativa-divulgativa [+]
- Área técnica [+]
- Área de exposiciones [+]
A primeira actuación de interese xeral que realizou a Fundación
foi a realización da Exposición "O Quixote e o Vento"
|