 | A referencia máis antiga que se ten é un muíño de vento que foi usado para facer funcionar un órgano no século I. (Engasa) |
| |
 | O papel dos periódicos é o máis fácil de reciclar, xa que está feito de fibra de madeira. (Consumer) |
| |
 | A enerxía termosolar aporta ao PIB nove veces máis diñeiro que as primas que recibe. (Deloitte) |
| |
 | No mundo hai máis de 800 millóns de bicicletas, o dobre que a cantidade de automóbiles. (ciclismo.com) |
| |
 | Se no noso país se reciclase a décima parte dos periódicos dun ano, salvaríamos 700.000 árbores. (Consumer) |
| |
 | Dende xaneiro a novembro do 2011 vendéronse en España 295 coches eléctricos. (Asociación Empresarial del Vehículo Eléctrico) |
| |
 | En 2010, as enerxías renovables evitaron tantas emisións de gases nocivos para a saúde que melloraron a calidade de vida, estimándose que a Sanidade aforrou por elo 160 millóns de euros. (Deloitte) |
| |
 | A demanda de enerxía eléctrica na Península Ibérica no mes de outubro descendeu un 3,7% con respecto a outubro do 2010. (REE) |
| |
 | O domingo 6 de novembro de 2011 ás 02.00 horas, a eólica supuxo o 59,6% da demanda, un valor superior ao máximo do 54% que se rexistrou o 9 de novembro do 2010. (REE) |
| |
 | Un vehículo circulando a 120 km/h coas barras portaequipaxes instaladas sen carga ningunha incrementa o seu consumo nun 7,5%. (INEGA) |
| |
 | Os coches eléctricos con baterías de litio non emiten CO2 nin danan o medio ambiente, sempre que a electricidade proveña de enerxías renovables. (www.revistadelaenergia.es) |
| |
 | En 2010, as enerxías renovables aforraron máis de 2.300 millóns de euros en importacións de combustibles fósiles e 467 millóns en emisións de gases de efecto invernadoiro. (Deloitte) |
| |
 | Coa enerxía necesaria para fabricar unha soa lata de refresco, poderíase ter funcionando unha televisión durante dúas horas. (+Qenergía Nº8) |
| |
 | Máis de dous millóns de persoas morren cada ano a causa da inhalación de pequenas partículas contaminantes dos aire. (Organización Mundial da Saúde) |
| |
 | A baca dun vehículo cargada pode supoñer un incremento do consumo de combustible do 39%. (INEGA) |
| |
 | O vidro é reciclable ao 100%, polo que reciclando as 3.000 botellas que caben nun contedor de recollida selectiva, afórranse en torno a 130 Kg de petróleo e 1.200 de materias primas. (+Qenergía Nº8) |
| |
 | Un coche en ralentí consume entre 0,4 e 0,9 litros/hora. (INEGA) |
| |
 | Por cada 100 kg de peso adicional increméntase o consumo do vehículo nun 5%. (IDAE) |
| |
 | Por cada botella de vidro que se recicla afórrase a enerxía necesaria para ter un televisor acendido durante tres horas, ou cinco lámpadas de baixo consumo de 20 W durante catro horas. (+Qenergía Nº8) |
| |
 | En viaxes interurbanas o coche consume, por viaxeiro e quilómetro, case tres veces máis que o autobús, diferenza que se incrementa aínda máis nos centros urbanos. (INEGA) |
| |
 | A combustión dun litro de gasolina produce 2,32 kg de CO2 e a de un litro de gasóleo produce 2,68 kg de CO2. (El País) |
| |
 | España é o país europeo que máis aumentou a súa superficie forestal nos últimos anos. (FAO) |
| |
 | Por cada folio reciclado afórrase a enerxía equivalente ao funcionamento, durante unha hora, de dúas lámpadas de baixo consumo de 20 vatios. (+Qenergía Nº8) |
| |
 | En cinco anos, o crecemento da poboación en Galicia foi do 0,78% e o consumo de enerxía eléctrica nos fogares galegos aumentou un 10,92%. (INEGA) |
| |
 | Nun coche a primeira marcha é a que máis combustible consume, polo que só debe ser utilizada para iniciar o movemento. (IDAE) |
| |
 | En termos netos, o Planeta perde cada ano 5.200 quilómetros cadrados de bosque, unha área similar á superficie de Costa Rica ou algo superior á de Aragón. (La Vanguardia) |
| |
 | O consumo enerxético das familias españolas representa xa un 30% do consumo enerxético total do país. (INEGA) |
| |
 | O reciclado do papel diminúe o consumo de auga nun 86% e o da enerxía nun 65%. (+Qenergía Nº8) |
| |
 | A máquina de vapor foi a primeira ferramenta que non utilizaba forzas ou tracción de orixe animal e que comezou a empregarse industrialmente no século XIX. (Naturaleza Educativa) |
| |
 | No que respecta ao alumado público, España ten o maior rexistro europeo en consumo enerxético por habitante, con 118-114 kWh/ano. (UCM) |
| |
 | Cada litro de aceite botado ao mar contamina un millón de litros de auga e ocasiona un dano directo á flora e á fauna por falta de osíxeno. (La Voz de Galicia) |
| |
 | O alumado en xeral supón o 15% do consumo eléctrico español. (FENERCOM) |
| |
 | Para fabricar unha tonelada de papel son necesarias entre 12 e 16 árbores, uns 50.000 litros de auga e máis de 300 Kg de petróleo. (+Qenergía Nº8) |
| |
 | O 80,6% da enerxía que se gasta en transporte gástase en transporte por estrada, mentres que o aéreo supón o 13,3%, o marítimo o 3,7% e o ferrocarril o 2,4%. (EnerAgen) |
| |
 | Galicia transforma o 9% da enerxía primaria de España e autoabastécese do 39’5% da súa demanda de luz e calor. (La Voz de Galicia) |
| |
 | Nunha hora a Terra recibe máis enerxía solar da que necesita a humanidade en todo un ano. (www.sitiosolar.com) |
| |
 | Un equipo de clase A (alta eficiencia) respecto a un de clase D (Baixa eficiencia) consume menos da metade de enerxía. (IDAE) |
| |
 | O uso da biomasa diminúe o risco de incendio, o nivel de emisións de CO2 á atmosfera e supón unha nova fonte de xeración de emprego. (La Voz de Galicia) |
| |
 | En marzo de 2011, a eólica foi por primeira vez a enerxía que máis electricidade xerou en España, cun total de 4.738 GWh. (REE) |
| |
 | España converteuse no primeiro produtor eólico de Europa en 2010, ao superar por primeira vez a Alemaña. (AEE) |
| |
 | O alumado público pode supoñer o 60% do consumo eléctrico dun concello. (FENERCOM) |
| |
 | Con 22 litros de petróleo cru (equivalente a 5 litros de gasolina), pode fabricarse plástico para 3.200 bolígrafos. (BIC) |
| |
 | Ao lavar a máquina gastamos unha media de 8 litros de auga por cada quilo de roupa, é dicir, menos da metade da auga que necesitaríamos para lavar e aclarar a man. (www.cadagotacuenta.com) |
| |
 | Nunha comunidade de veciños, o consumo anual de enerxía eléctrica debido ao uso do ascensor pode supor uns 7.000 kWh. (IDAE) |
| |
 | Aproximadamente o 40% da auga que consumimos é quente e ao quentala multiplícase por 5 o seu prezo. (www.cadagotacuenta.com) |
| |
 | Estímase que as medidas aprobadas polo Consello de Ministros no Plan de Aforro e Eficiencia Enerxética suporán un aforro de 3,2 millóns de toneladas de petróleo anuais e reducirán as emisións de CO2 en 2,5 millóns de toneladas ao ano. (Goberno de España) |
| |
 | Castela e León é a comunidade autónoma española con máis potencia eólica instalada, seguida por Castela-A Mancha e Galicia. (AEE) |
| |
 | A temperatura do aire nunha cidade como Madrid podería subir 1,5-2 grados centígrados debido aos aparatos de aire acondicionado no verán. (CIEMAT) |
| |
 | Ventás cun bo comportamento enerxético reducen enormemente o consumo de enerxía para calefacción e aire acondicionado. (IDAE) |
| |
 | Segundo o Instituto da Enerxía da CE, as células fotovoltaicas instaladas en todo o mundo xeraron no 2009 un total de 7’4 GW, dos que 5’8 corresponden a Europa. (La Voz de Galicia) |
| |
 | Se todos os bolígrafos fabricados en Europa fosen de plástico reciclado, poderíase aforrar o plástico equivalente a un edificio de 30 plantas fabricado con este material ou o consumo de gasolina de todos os coches de París durante un mes. (Pilot) |
| |
 | O aumento de xeración con enerxías renovables contribuíu a reducir as emisións de CO2 do sector eléctrico, que se estimaron para o 2010 en 58,7 millóns de toneladas, un 20% menos que en 2009. (REE) |
| |
 | China é o país con máis megavatios de enerxía solar térmica instalados, representando dous tercios da capacidade mundial. (terra.org) |
| |
 | A Confederación Galega de Discapacitados quere construír unha planta para a recollida, almacenamento, tratamento e distribución de biomasa forestal. (La Voz de Galicia) |
| |
 | A dependencia de combustibles fósiles é tan grande que nun ano os homes consumimos o que a natureza tarda un millón de anos en producir. (EnerAgen) |
| |
 | España é, xunto con Italia e Portugal, o país da Unión Europea máis malgastador en iluminación. (Consumer) |
| |
 | A falta de auga potable causa cada día a morte de 5.000 nenos menores de cinco anos. (UNICEF) |
| |
 | Máis de mil millóns de persoas na Terra non teñen un abastecemento seguro de auga. (www.cadagotacuenta.com) |
| |
 | Se nos atemos aos límites de contaminación que marca a lexislación, a porcentaxe da poboación afectada sería dun 35%, un de cada tres españois. (Ecoloxistas en Acción) |
| |
 | O Goberno prevé que un millón de eco-coches circulen por España no 2014. (La Voz de Galicia) |
| |
 | A enerxía eólica bateu dous récords durante a xornada do 8 de novembro, un de produción instantánea ás 13.29 horas con 13.177 MW que cubriron o 38% da demanda en España nese momento, e outro de produción horaria de 13.00 a 14.00 con 12.995 MWh. (REE) |
| |
 | España mantense entre as potencias mundiais en capacidade de produción fotovoltaica cunha potencia de 3’5 GW, só superada por Alemaña (9’8 GW) e por diante de Xapón (2’6 GW). (La Voz de Galicia) |
| |
 | Cada kWh producido con eólica ten 26 veces menos impactos que o producido con lignito, 21 veces menos que con petróleo, 10 veces menos que con enerxía nuclear e 5 veces menos que con gas. (estudo CIEMAT/IDAE/ APPA). |
| |
 | Ademais de Alemaña, outros países con grandes instalacións solares son España con 3.223 MW, Xapón con 2.149 MW e Estados Unidos con 1.173 MW. (terra.org) |
| |
 | España prevé que no 2020 as renovables aportarán no noso país o 22’7% sobre a enerxía final e un 42’3% da xeración eléctrica. (IDAE) |
| |
 | A Cámara Europea propuxo que todos os edificios residenciais, de oficinas e servizos que se constrúan a partir do 2019 sexan de enerxía cero, é dicir, capaces de producir con renovables a mesma cantidade de enerxía que consumen. (La Voz de Galicia) |
| |
 | Unha ducha de 10 minutos ten un gasto aproximado de 120 L de auga. (www.cadagotacuenta.com) |
| |
 | Gran Bretaña estableceu en Irán en 1941 o primeiro campo petrolífero. (Natureza Educativa) |
| |
 | Aínda que Alemaña está lonxe de ser o país máis soleado do mundo, é líder global en enerxía fotovoltaica, cunha capacidade instalada de 5.308 MW. (terra.org) |
| |
 | Os aeroxeradores modernos só tardan entre 2 e 3 meses en recuperar toda a enerxía gastada na súa fabricación, instalación, mantemento e desmantelamento baixo condicións normais de vento. (Asociación Danesa da Enerxía Eólica) |
| |
 | Unha persoa dun país industrializado consume unhas dez veces máis enerxía que outra dun país non industrializado. (EnerAgen) |
| |
 | Para unha mesma unidade enerxética producida, a enerxía eólica emprega 542 traballadores, a térmica 116 e a nuclear 100. (Worldwatch Institute) |
| |
 | Cada galego consume 14 litros de auga e produce 95 kg de lixo menos que a media española. (La Voz de Galicia) |
| |
 | Poñer a roupa en remollo antes de lavala gasta entre 3 e 4 litros de auga cada vez. (www.cadagotacuenta.com) |
| |
 | O cambio climático levará á extinción en 70 anos unha de cada cinco especies de lagartos. (La Voz de Galicia) |
| |
 | Segundo datos oficiais do 2008, a biomasa forestal podería cubrir o 3% da enerxía primaria de España e xerar 10.000 postos de traballo. (CIEMAT) |
| |
 | Xa é posible viaxar entre Zaragoza e Huesca conducindo un vehículo de pila de combustible de hidróxeno grazas ás hidroxeneras inauguradas en ambas cidades. (20minutos.es) |
| |
 | Un 84% da poboación respira aire que supera os índices de protección para a saúde recomendados pola Organización Mundial da Saúde. (terra.org) |
| |
 | A demanda instantánea de enerxía eléctrica peninsular en España rexistrou un novo máximo de verán con 41.318 MW, ás 13:26 horas do 19 de xullo de 2010. Esta cifra supera o anterior máximo acadado o día 8 de xullo con 41.127 MW. (REE) |
| |
 | Os coches eléctricos poderán cargarse en cabinas telefónicas. (El Progreso) |
| |
 | Os satélites artificiais utilizan paneis solares para xerar a enerxía eléctrica que necesitan os seus equipos. (Natureza educativa) |
| |
 | Varios expertos sosteñen que o carbón podería acabarse en dúas décadas e non nos dous séculos das estimacións oficiais. (Consumer) |
| |
 | España instalou 2.459 MW no 2009 e acada xa os 19.149 MW de potencia acumulada. (aee) |
| |
 | Os niveis actuais de contaminación atmosférica causan 16.000 mortes prematuras en España. (Ecologistas en acción) |
| |
 | A finais do 2008, o mundo tiña un total acumulado de 15.000 megavatios en instalacións fotovoltaicas. (Terra.org) |
| |
 | Segundo os datos dun informe realizado pola Asociación Europea de Fabricantes de Neumáticos y Productos de Caucho, España procesou 314.000 toneladas de neumáticos fora de uso en 2009. (wwww.repsol.es) |
| |
 | A eólica consolídase como terceira tecnoloxía no sistema eléctrico español ao acadar no 2009 unha producción de 36.188 GWh, só superada polas centrais térmicas de gas de ciclo combinado e as nucleares. (Asociación Empresarial Eólica) |
| |
 | A concentración de gases de efecto invernadoiro no noso planeta aumentou un 30% dende o século pasado. (Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino) |
| |
 | As bolsas de plástico biodegradable descompóñense ao final da súa vida útil de maneira natural en 180 días. (Asociación Española de Bioconstrucción) |
| |
 | A enerxía fotovoltaica podería subministrar ata un 12% da demanda eléctrica da UE no 2020. (www.energias-renovables.com) |
| |
 | O 7% da factura da casa corresponde a iluminación, mentres os electrodomésticos representan o 17%. (EnerAgen) |
| |
 | Máis de 2 millóns de nenos morreron por enfermidades respiratorias severas no ano 2000; o 60% destes casos estiveron asociados a factores de contaminación do aire en recintos pechados e a outros factores ambientais. (UNESCO) |
| |
 | O 42’2% do gasto enerxético español destínase a cubrir a demanda do transporte. (Greenpeace) |
| |
 | En Europa consúmese o 17’45% da enerxía mundial. En España o consumo é do 1’4%. (EnerAgen) |
| |
 | A enerxía hidráulica é a fonte renovable de electricidade máis utilizada no mundo, representa un 19% da produción total de electricidade. Canadá é o produtor máis importante de enerxía hidroeléctrica, seguido polos Estados Unidos e Brasil. (UNESCO) |
| |
 | No 2009 cambiáronse en España de forma gratuíta sete millóns de lámpadas por lámpadas de baixo consumo, un aforro equivalente ao consumo eléctrico anual de 147.000 familias, é dicir, 94 millóns de euros anuais. (IDAE) |
| |
 | Ao tapar os recipientes cos que cociñas evitas perdas de calor e fas que os teus alimentos conserven as súas propiedades. (www.repsol.com) |
| |
 | Cada español emite de media unhas 10 toneladas de CO2 ao ano. (Greenpeace) |
| |
 | Dentro do fogar, onde máis enerxía se gasta é en climatización (calefacción e refrixeración) cun 42,86%. (EnerAgen) |
| |
 | Cada ano pérdese no mundo unha área de bosque primario equivalente ao tamaño de Grecia. (Greenpeace) |
| |
 | Os televisores supoñen un 9% da enerxía consumida en Europa. (El Mundo) |
| |
 | Un 20% da factura da casa gástase en quentar auga. (EnerAgen) |
| |
 | A enerxía eólica evitou en 2008 a importación de combustibles fósiles por valor de máis de 1200 millóns de euros. (aee) |
| |
 | Galicia importa o 75% da enerxía primaria que consume. O petróleo representa o 50% destas importacións. (Inega) |
| |
 | O mercado solar térmico europeo creceu un 60% en 2008. (www.energias-renovables.com) |
| |
 | O consumo de electricidade en “stand by” representa o 11% do total na Unión Europea. (OCU) |
| |
 | Islandia obtén máis do 15% da súa enerxía do interior da terra. (EnerAgen) |
| |
 | Deixar os electrodomésticos en modo de espera pode custar máis de 100 euros ao ano. (El Mundo) |
| |
 | España foi o primeiro país do mundo en enchufar á rede unha planta con almacenamento térmico por sales fundidas. (www.energias-renovables.com) |
| |
 | Galicia supón o 0.04% da poboación mundial , pero as súas emisións de efecto invernadoiro supoñen o 0.12% do total. (Greenpeace) |
| |
 | A eólica é a segunda tecnoloxía en potencia instalada en España, por diante do carbón e a nuclear. (www.aeeolica.es) |
| |
 | España foi o primeiro país do mundo en poñer en marcha unha planta solar termoeléctrica comercial de tecnoloxía de torre central. (www.energias-renovables.com) |
| |
 | A poboación mundial está crecendo cerca de 80 millóns de persoas por ano, o que implica unha demanda de auga doce de aproximadamente 64 billóns de metros cúbicos por ano. (UNESCO) |
| |
 | O aforro en iluminación no noso país propiciado polo cambio de hora, de marzo a outubro, pode acadar o 5%, equivalente a uns 300 millóns de euros. (IDAE) |
| |
 | Estímase que a vida útil dos LED pode acadar entre as 35.000 e as 50.000 horas, mentres que as lámpadas compactas de baixo consumo chegan ás 15.000, de media. (Greenpeace) |
| |
 | A enerxía eólica cubriu en 2008 o 11,5% da demanda española. (www.aeeolica.es) |
| |
 | A enerxía eólica evitou en 2008 a emisión de 20 millóns de toneladas de CO2 en España. (www.aeeolica.es). |
| |
 | Os motores diésel poden contaminar ata catro veces máis que os de gasolina, pero co uso de filtros, a súa capacidade contaminadora pode decrecer nun 90%, aproximadamente. (www.repsol.com) |
| |
 | Unha lámpada incandescente só transforma en luz o 5% da electricidade que consume. O resto desaparece en forma de calor. (Greenpeace) |
| |
 | A enerxía eólica xerou 40.000 postos de traballo en España. (www.aeeolica.es) |
| |
 | Cada vez que acelera ou frea bruscamente, o motor consome máis CO2. (EUROPIA) |
| |
 | O aire acondicionado doméstico consome 1.500 megavatios. Para iso son necesarias dúas centrais nucleares ou catro de ciclo combinado. (La Región) |
| |
 | As tendas de Ikea en Galicia terán un plan para economizar un 30% de enerxía. (El Progreso) |
| |
 | Galicia está entre as comunidades que compran máis vehículos ecolóxicos. (Atlántico) |
| |
 | En España utilízanse máis de 10.500 millóns de bolsas de plástico. (Rima Nº506) |
| |
 | Un fogar galego medio pode contribuír con 113 quilogramos en cada factura eléctrica ao CO2 da atmosfera. (Faro de Vigo) |
| |
 | Máis CO2 que nunca. O ritmo de aumento duplica ao de hai 50 anos. Estados Unidos constata que a atmosfera rexistra o maior nivel deste gas en 650.000 anos. ( El País) |
| |
 | Usar o metro evita a emisión á atmosfera dunha tonelada de CO2 ao ano por persoa. (Rima Nº 505) |
| |
 | Andalucía é a comunidade que máis lámpadas recicla de España. (Rima Nº 505) |
| |
 | Só en Madrid se perde en fugas o 22% da agua que circula polas redes de distribución. (Rima Nº 505) |
| |
 | O uso do aire acondicionado nos fogares duplicouse nos últimos 10 anos. (La Región) |
| |
 | A eólica pode aforrarlle á UE 28.700 millóns de euros ao ano a partir de 2020. (Rima Nº507) |
| |
 | O sector enerxético que máis emprego creou é o eólico, un 37% (Rima Nº 505) |
| |
 | O uso excesivo do aire acondicionado aumenta o consumo de carburante e as emisións de CO2 ata un 5%. (Comisión Europea de Enerxía) |
| |
 | Se continúa esta dinámica de secura, dentro de 50 anos a metade sur de España será un deserto. (Rima Nº 505) |
| |
 | Galicia só recibe un 20% menos de sol que o deserto de Almería (La Voz de Galicia) |
| |
 | O 6% do territorio peninsular degradouse de forma irreversible. (Rima Nº 505) |
| |
 | En 2010, será obrigatorio fixar unha mestura do 5,75% do valor enerxético de consumo de biodiesel. (Expansión) |
| |
 | Usar o metro evita a emisión á atmosfera dunha tonelada de CO2 ao ano por persoa. (Rima Nº505) |
| |
 | O home e o cambio climático provocaron a extinción dos mamuts. (El Progreso) |
| |
 | Unha lavadora de clase A pode consumir un 40% menos que unha de clase D. (Eroski) |
| |
 | Unha lámpada en California bate a marca mundial ao levar 107 anos acendida. (El Progreso) |
| |
 | A potencia instalada de solar fotovoltaica incrementouse un 41% en 2007. (Cinco Días) |
| |
 | Os barcos de arrastre barallan a posibilade de poñer aeroxeradores para aproveitar o vento e reducir o consumo de gasoil do motor auxiliar. (La Voz de Galicia) |
| |
 | En España recíclanse 1.600 toneladas de lámpadas ao ano. (Rima Nº506) |
| |
 | Unha tecnoloxía hispano-portuguesa que combina a bomba de calor e a enerxía solar reduce un 10% o consumo de electricidade para quentar auga. (El Mundo) |
| |
 | Os bosques galegos absorben unha cuarta parte das emisións de CO2. (La Voz de Galicia) |
| |
 | Galicia xera uns 3 millóns de toneladas de biomasa forestal de uso enerxético. (El Progreso) |
| |
 | Os pneumáticos cunha presión inferior á adecuada poden aumentar o consumo de carburante ata un 4%. (Axencia Internacional da Enerxía) |
| |
 | Dunha hectárea de colza só se obteñen uns 600 quilos de biodiésel ou 4.000 litros de etanol. (El País) |
| |
 | A nova normativa europea asegura que todos os biocarburantes deberán reducir ao menos un 35% de emisións de gases efecto invernadoiro respecto ao petróleo. (C.V. Energía nº 125) |
| |
 | As emisións de dióxido de carbono repuntan en España, que triplica a cota atribuída polo Protocolo de Kioto. O incumprimento suporá o pagamento de 4.000 millóns de euros. ( La Voz de Galicia) |
| |
 | O uso de gas licuado reduce case un 50% o consumo enerxético nos barcos de baixura. (Atlántico) |
| |
 | O Reino Unido instala a maior turbina de enerxía xerada coas mareas. (La Voz de Galicia) |
| |
 | O tren xera o 0,73% das emisións de gases invernadoiro no transporte. (Rima Nº 505) |
| |
 | Investigadores recuperan solos contaminados por metais pesados con correntes eléctricas. (Diario de Pontevedra) |
| |
 | Os hospitais de Santiago de Compostela gastan máis electricidade que 8.100 familias. (La Voz de Galicia) |
| |
 | No ano 2020 o 20% do consumo de enerxía procederá das enerxías renovables. (La Voz de Galicia) |
| |
 | Un centro de investigación británico converte o CO2 en gas natural. (Faro de Vigo) |
| |
 | Unha familia cun consumo de 444 quilovatios hora produciu en marzo e en abril 113 quilogramos de CO2 e 187 gramos de dióxido de xofre, ademais de residuos radioactivos. (Faro de Vigo). |
| |
 | O aforro potencial das pymes en luz equivale ao consumo dos fogares de Madrid e Barcelona. (Expansión). |
| |
 | A contaminación atmosférica mata a 16.000 persoas cada ano. ( Rima Nº 505) |
| |
 | A enerxía fotovoltaica medra un 40% en 2007. (Rima Nº 505). |
| |
 | As algas son a única fonte de enerxía renovable capaz de substituír na súa totalidade o gasóleo fósil. (Rima Nº 505) |
| |
 | A reciclaxe de vehículos permitirá un aforro de 200.000 toneladas de petróleo. (Expansión) |
| |
 | Galicia producirá o 13% da demanda eléctrica nacional tras o arranque dos grupos de gas das Pontes e Sabón. (La Voz de Galicia) |
| |
 | A eólica galega xera xa a electricidade que consome toda Pontevedra nun ano e medio. (Faro de Vigo) |
| |
 | Viaxar no metro en lugar de facelo en coche supón emitir catro veces menos de CO2. (Rima Nº 505) |
| |
 | O aproveitamento dos residuos permitirá cubrir máis dun 8% de consumo de enerxía primaria en España. (Fundación Gas Natural) |
| |
 | O novos trens de proximidades aforran un 30% respecto ás series anteriores (Rima Nº 505) |
| |
 | A eólica galega equivale ao 80% da electricidade que consome A Coruña (La Opinión). |
| |
 | Un frigorífico de clase A pode consumir un 39% menos de enerxía que un de clase C, iso supón evitar a emisión de máis dunha tonelada de CO2 ao longo da vida do aparato e un aforro de 300 €. (Eroski). |
| |
 | Os novos parques eólicos xerarán 3.000 empregos en Galicia antes do ano 2012. (El Progreso) |
| |
 | En España hai máis de 700 desalinizadoras en funcionamento. Producen máis de 2 millóns de m3/ día. (Revista Ocucompra maestra Nº323) |
| |
 | Europa incrementou o comsumo de petróleo o 10% nos últimos vinte anos e España nun 50%.(Energías renovables) |
| |
 | En tres anos deixarán de vender as lámpadas clásicas en Australia, calcúlase que o comsumo eléctrico se reduciría nun 66%, mentres que a emisión de CO2 se rebaixaría 800.000 toneladas en 2012. (20 minutos) |
| |
 | A terra absorbe o 47% da radiación solar que recibe, o que equivale a máis de 500 veces as necesidades enerxéticas derivadas da actividade humana. (Energías Renovables) |
| |
 | O gas natural utilízase en España en máis de 1.600 vehículos de servizo público. (Rima Nº 504) |
| |
 | En 2007 engadíronse 3.514,89 MW novos de enerxía eólica, o que supón unha taxa de crecemento do 30%. (Energías Renovables) |
| |
 | O 20% da enerxía eléctrica xerada en España é de orixe nuclear. (Rima Nº504) |
| |
 | As familias urbanas galegas poderían aforrar ata un 30% de auga. (La Voz de Galicia) |
| |
 | A eficiencia enerxética nos fogares evitará a emisión de 6,7 millóns de toneladas de CO2. (Rima Nº 504) |
| |
 | A temperatura aumentará 7 graos en Lugo nun século polo cambio climático. (El Progreso) |
| |
 | A comunidade galega é a cuarta con máis puntos negros de contaminación. (El Progreso) |
| |
 | Galicia podería aforrar 40 millóns de euros ao ano co uso de Biocarburantes. (El Progreso) |
| |
 | Por cada tonelada de papel reciclado sálvase a corta de entre 12 e 14 árbores, afórranse 50.000 litros de auga e uns tres barrís de petróleo. (El Progreso) |
| |
 | Púxose en marcha o 'Proyecto Singular y Estratégico On Cultivos', que ten por obxectivo o desenvolvemento dos cultivos enerxéticos en España. (CIEMAT) |
| |
 | Alicante é a provincia española con máis quilovatios fotovoltaicos instalados por quilómetro cadrado. (BOLETÍN ENERGÍAS RENOVABLES) |
| |
 | Galicia terá unha certificación para “edificios verdes” pioneira en España. (El Progreso) |
| |
 | Unha vertedura dun litro de aceite usado doméstico pode contaminar máis de 100 litros de auga. (El Progreso) |
| |
 | A campaña de concienciación de repartición de 200.000 lámpadas de baixo consumo evitou a emisión indirecta de 80.870 toneladas de CO2. (ENERGÍAS RENOVABLES Nº 62) |
| |
 | O 27 de Abril de 1888, a cidade de Pontevedra foi a segunda urbe española, despois de Barcelona, en empregar a luz eléctrica no seu alumeado público. (Unión Fenosa) |
| |
 | O temporal de vento provoca outro récord de producción eólica, o xoves 17 de abril entre a unha e duas da tarde, que logra xerar o 33% da demanda eléctrica. ( La Voz de Galicia) |
| |
 | Galicia aspira a que no ano 2012 o 95% da electricidade que se consuma proceda de fontes renovables. (C.V. ENERGÍA Nº 118) |
| |
 | As lámpadas de baixo consumo en todos os fogares españois aforrarían un 4% do consumo eléctrico en España. (RIMA Nº 501) |
| |
 | A noite do 2 de Abril de 1851 empregouse por primeira vez a luz eléctrica en España, mediante o acendido dun arco voltaico polo profesor Antonio Casares no patio do Colexio de Fonseca da Universidade de Santiago de Compostela. (LA VOZ DE GALICIA) |
| |
 | Pérdese un 80% da auga polas redes de condución. (RIMA Nº 502) |
| |
 | A Xeración eólica alcanzou o sábado 22 de marzo as 18:00 horas un novo récord de cobertura da demanda ao supoñer nese momento o 40,8% con 9.862 MW en funcionamento. (Ideal Galego) |
| |
 | Máis dun millón de persoas no mundo non ten acceso a auga potable segura. (RIMA Nº 501) |
| |
 | Un sistema aproveitará dende 2009 as ondas da Costa da Morte para producir electricidade para 6.000 vivendas. (+QENERGÍA Nº 4) |
| |
 | Por cada litro de gasolina emítese á atmosfera 2.32 quilos de CO2 e un litro de gasóleo 2.6 (INTEGRAL Nº 334) |
| |
 | A produción eólica bateu o mércores 05.03.08 un novo récord histórico tras aportar o 25,5% de toda a electricidade consumida en España e superar o umbral por primeira vez dos 200.000 MWh nun só día. (El progreso) |
| |
 | Unha nogueira xera 10.000 quilos de materia orgánica, 400.000 litros de auga, 28.000 m3 de osíxeno e líbranos dunha tonelada de CO2. (INTEGRAL Nº 334) |
| |
 | O 21% da xeración eléctrica galega en 2006 tivo a súa orixe na enerxía eólica. (+QENERGÍA Nº 4) |
| |
 | A biomasa é responsable do 78% do crecemento do conxunto das renovables en Europa na última década (BOLETÍN ENERXÍAS RENOVABLES) |
| |
 | Galicia contamina 1,5 veces por riba da súa capacidade ecolóxica.(LA VOZ DE GALICIA) |
| |
 | A solar térmica europea medrou un 47% durante 2006, instalaron un total de 2.100 megavatios térmicos. (BOLETÍN SOLAR ) |
| |
 | As eléctricas terán que emitir un 39% menos de CO2 entre 2008 e 2012 (FARO DE VIGO) |
| |
 | Creouse a Asociación Española do CO2, co obxectivo de promover tecnoloxías para a redución de emisións de CO2. (ENERGÉTICA XXI – Nº 99) |
| |
 | Un ordenador desperdicia case a metade da enerxía que consome. (ENERXÍAS RENOVABLES Nº 60) |
| |
 | A falta de auga axexa a 1.200 millóns de persoas de cen países. (EL PROGRESO) |
| |
 | A nova marca da demanda eléctrica que se rexistrou en Galicia foi o 17.12.07 con 3.261 MW.(UNIÓN FENOSA) |
| |
 | A reciclaxe do vidro evitou en España en 2006 a emisión de 338.000 toneladas de CO2.(BOLETÍN ENERXÍAS RENOVABLES ) |
| |
 | Poñer a lavadora a carga completa pode aforrar ata 74 litros ao mes(www.cadagotacuenta.com) |
| |
 | O uso diario do coche xera 2 toneladas de CO2 ao año. (HUMUS Nº 29) |
| |
 | Máis de 250 millóns de persoas arredor do mundo vense afectadas pola desertificación. (BOLETÍN BIMENSUAL DO PORTAL DA AUGA DA UNESCO Nº 188) |
| |
 | O consumo de 30.000 toneladas de biodiésel supón unha redución das emisións de CO2 á atmosfera de máis de 60.000 toneladas.(+QENERGÍA Nº 2) |
| |
 | Todos os vehículos diésel fabricados nos últimos 10 anos poden botar no seu depósito biodiésel, sen necesidade de ningún axuste no motor. (ENERXÍAS RENOVABLES Nº 50) |
| |
 | En 2020, a UE debería dispor dun mínimo de 5.000 a 10.000 estacións de hidróxeno. (RIMA Nº 497) |
| |
 | Os edificios provocan o 32% das emisións de CO2 e o 17% do consumo mundial de auga. (LA VOZ DE GALICIA ) |
| |
 | O 40% das emisións totais de CO2 orixinadas polo consumo de enerxía proveñen do transporte por estrada.(MANUAL DE CONDUCIÓN EFICIENTE PARA OS TURISMOS. IDAE) |
| |
 | Cada vez que usas unha lámpada de baixo consumo, estás aforrando 20 kg de CO2 á atmosfera ao ano; na UE aforraría 20 millóns de toneladas de CO2 ao ano.(EL PROGRESO) |
| |
 | A substitución das lámpadas incandescentes da UE aforrarían ao menos 20 millóns de toneladas de CO2 ao ano.(GREENPEACE: CAMBIA A TÚA LÁMPADA) |
| |
 | A contaminación urbana en España débese nun 80% ao tráfico rodado.(RIMA Nº 497) |
| |
 | Por primeira vez en anos, as emisións de CO2 en España reducíronse en 2006, nun 4,1% e o consumo de enerxía primaria baixou un 1,3%(ENERXÍAS RENOVABLES Nº 50) |
| |
 | No período comprendido entre xullo de 2004 e xullo de 2005, en España, consumíronse 10.200 millóns de litros de gasolina e 27.270 millóns de litros de gasóleo.(MANUAL DE CONDUCIÓN EFICIENTE PARA OS TURISMOS. IDAE) |
| |
 | España multiplicou a produción de biocarburantes nos últimos anos, pero aínda exporta o 85%.(LA VOZ DE GALICIA ) |
| |
 | Construirase en Portugal a maior planta fotovoltaica do mundo, con 62 MW de potencia.(+QENERXÍA Nº 1) |
| |
 | As emisións de CO2 medraron en 2006 a menor ritmo dende hai 16 anos. España segue triplicando os obxectivos que impón o Protocolo de Kyoto.(EXPASIÓN ) |
| |
 | Os edificios de nova construción deberán dispor da Certificación de Eficiencia Enerxética.(RIMA Nº 496) |
| |
 | Na actualidade, a UE emite en torno ao 14% dos gases responsables do quentamento global.(ENERXÍAS RENOVABLES Nº 55) |
| |
 | A enerxía consumida polas familias achégase ao 30% do consumo enerxético total de España (18% vivenda e 12% coche)GUÍA PRÁCTICA DA ENERXÍA (IDAE) |
| |
 | Case 3.200 millóns de persoas poden sufrir falta de auga nos próximos setenta anos.(LA VOZ DE GALICIA ) |
| |
 | Galicia conta co 25.5% da potencia eólica instalada en todo o ámbito nacional, e o sector segue crecendo.(EL CORREO GALLEGO) |
| |
 | A demanda de combustibles baixou un 1.3% en España durante o ano 2006.(EXPASIÓN ) |
| |
 | O gasto anual medio familiar da enerxía consumida na casa é de 800 € e o de combustible para o coche é de 1.200 €GUÍA PRÁCTICA DA ENERXÍA (IDAE) |
| |
 | O reciclado non supera o 40% dos residuos que se xeran cada día na recollida domiciliaria.(EL CORREO GALLEGO ) |
| |
 | Cada fogar gasta 700 € ao ano en enerxía, o 46% en consumo de calefacción.(RIMA Nº 496) |
| |
 | A iluminación de oficinas e edificios industrias supón máis do 30% do gasto eléctrico.(TECNOAMBIENTE Nº 170) |
| |
 | Máis do 55% da enerxía eléctrica consumida en Galicia ten unha orixe renovable.(+QENERXÍA Nº 1) |
| |
 | Na Unión Europea hai 168 nucleares, e en todo o mundo 474 reactores.(LA VOZ DE GALICIA ) |
| |
 | Se todo o xeo da Antártida se derretira, o nivel do mar aumentaría en máis de 60 metros.(BOLETIN SEMANAL DEL PORTAL DEL AGUA DE LA UNESCO Nº 177) |
| |
 | Todas as centrais nucleares do mundo producen o 17% da enerxía eléctrica que se consome en todo o planeta.(HUMUS Nº 29) |
| |
 | Os novos coches europeos diminúen as emisións de CO2 en máis dun 12% dende 1995.(RIMA Nº 493) |
| |
 | A iluminación representa a quinta parte do consumo eléctrico no fogar.(IDAE) |
| |
 | A central Térmica das Pontes satisfai o 6% de toda la demanda de España.(HUMUS Nº 29) |
| |
 | O consumo de auga distribúese en termos xerais en torno ao 75% para a agricultura, o 20% para a industria e o 5% para o abastecemento doméstico.(TECNOAMBIENTE Nº 166) |
| |
 | O uso habitual da bicicleta pode reducir en máis de 500 quilos as emisións de CO2 por persoa e ano.(ENERXÍAS RENOVABLES Nº 52) |
| |
 | O biodiésel evita o 90% das emisións contaminantes.(EL CORREO GALLEGO) |
| |
 | Se apagas totalmente o televisor, o ordenador e o equipo de música cando non os uses, aforrarás 87.2 kg de CO2 ao ano.(www.movimientoclima.org) |
| |
 | De seguir co actual ritmo de consumo, as reservas naturais de hidrocarburos esgotaranse en torno ao ano 2050.(LA VOZ DE GALICIA ) |
| |
 | En España distribúense 10.500 millóns de bolsas de plástico ao ano, e só se recicla o 10%.(RIMA Nº 492) |
| |
 | O turismo contribúe a un 7% da contaminación do Mediterráneo produto das augas residuais, xerando máis de 180 litros de augas residuais por turista ao día.(BOLETÍN SEMANAL DO PORTAL DA AUGA DA UNESCO Nº 155) |
| |
 | Galicia terá en catro anos 60.000 metros cadrados de paneis de enerxía solar térmica.(LA REGIÓN ) |
| |
 | A Biomasa pode aportar en 10 anos o 25% da electricidade consumida polas familias galegas.(LA VOZ DE GALICIA ) |
| |
 | O aproveitamiento das ondas é entre un 10 e un 20% superior ó do vento.(RIMA Nº 490) |
| |
 | Actualmente, os edificios constitúen o 40% do consumo de enerxía nos países desenvolvidos.(RIMA Nº 489) |
| |
 | As principais causas da chuvia ácida son o dióxido de xofre e os óxidos de nitróxeno producidos cando se queiman combustibles fósiles.(BOLETÍN SEMANAL DO PORTAL DA AUGA DA UNESCO Nº 146) |
| |
 | O grupo de música Pearl Jam compensará as emisións de CO2 da súa xira mundial con doazóns a ONG`s, aproximadamente 79.000 €.(ENERGÍAS RENOVABLES ) |
| |
 | O 31% dos rapaces declara non utilizar o coche por motivos medioambientais.(REVISTA NATURAL – DECEMBRO 2005) |
| |
 | Máis do 75% do alumeado de oficinas europeo malgasta enerxía e incumpre os estándares de calidade.(RIMA Nº 489) |
| |
 | O 50% dos desprazamentos ó traballo realízanse en automóbil, o que representa o 40% dos desprazamentos urbanos en día laborable.(IDAE) |
| |
 | O consumo enerxético de cada familia é de 650 euros ó ano.(LA VOZ DE GALICIA 14/07/06) |
| |
 | España debe multiplicar por 16 o consumo de biocarburantes ata 2010.(APPA INFO Nº 21) |
| |
 | O consumo de enerxía primaria pasou de 91.8 Mtep en 1990 a 146.19 Mtep en 2005.(RIMA Nº 489) |
| |
 | A contaminación causa 16.000 mortos ó ano en España.(HUMUS Nº 24) |
| |
 | O Plan Galego de Aforro e Eficiencia Enerxética 2006 – 2009 prevé reducir o crecemento da demanda dun 3.2% anual a un 2.35% o que supón un aforro equivalente a un millón de barrís de petróleo ó ano.(LA VOZ DE GALICIA ) |
| |
 | Na provincia de Lugo hai 39 parques eólicos que producen máis do 10% da enerxía eólica do Estado.(EL PROGRESO ) |
| |
 | O informe ecotest conclúe que un vehículo antigo contamina máis que 100 novos (RIMA nº489) |
| |
 | En 2005 as emisións españolas por habitante foron de 10 toneladas de CO2 (RIMA nº489) |
| |
 | O Stand by é responsable do 1% das emisións globais de CO2 no mundo.(ENERXÍAS RENOVABLES Nº 47) |
| |
 | A contaminación da auga ocasiona o 80% das enfermidades dos países pobres. (RIMA Nº 488) |
| |
 | As ondas que rompen nas costas galegas poderían xerar a enerxía suficiente para abastecer o 37.3% do consumo eléctrico de toda España. (A VOZ DE GALICIA) |
| |
 | O mundo necesita unha revolución no campo da eficiencia enerxética e un mellor investimento nas enerxías renovables. (KOFI ANAN, SECRETARIO XERAL DA ONU) |
| |
 | A potencia fotovoltaica instalada en Europa chega ós 1.793 MW. (BOLETÍN DE ENERXÍAS RENOVABLES) |
| |
 | Os españois consomen o triplo dos recursos humanos naturais existentes no país. (WWF/ Adena) |
| |
 | Calculouse que co cambio dunha única lámpada en todos os fogares españois, podería xerarse un aforro enerxético para abastecer toda Cataluña e a Comunidade de Madrid ou a República Dominicana. (UNIÓN FENOSA) |
| |
 | Está demostrado que sería posible evitar 1.7 millóns de mortes anuais se se facilitase un acceso seguro á auga potable, ó saneamento e á hixiene. (BOLETÍN DO PORTAL DA AUGA DA UNESCO Nº 134) |
| |
 | Acábanse de instalar en Alemaña tres aeroxeradores de 6 MW, cun rotor de 112 metros, 124 metros de altura e 500 toneladas de peso.(BOLETÍN DE ENERXÍAS RENOVABLES) |
| |
 | O 80% do consumo mundial de enerxía provén de combustibles fósiles. (ENERXÍA Nº 190) |
| |
 | O número de desastres naturais medrou un 55% en 5 anos. (A VOZ DE GALICIA ) |
| |
 | O 50% dos humedais do mundo desapareceron no último século. (BOLETÍN SEMANAL DO PORTAL DA AUGA DA UNESCO Nº 129) |
| |
 | A fotosíntese utiliza o 2% da enerxía solar de onde sacamos os alimentos. (ENERGÍAS RENOVABLES Nº 42) |
| |
 | O furado de ozono acadará a súa máxima extensión dende o ano 2000 de 10 millóns de Km2. (RIMA Nº 475) |
| |
 | Dous graos máis de temperatura farían irreversible o desxeo do Ártico. (A VOZ DE GALICIA ) |
| |
 | Un español emite máis CO2 ca un francés e menos ca un alemán. (RIMA Nº 483) |
| |
 | Que a enerxía eólica supera os 10.000 MW de potencia instalada en España. (CINCO DÍAS) |
| |
 | Reciclar 1 tonelada de papel permite aforrar 20.000 litros de auga. (RIMA Nº484) |
| |
 | A Comunidade galega posúe o 25% de toda a enerxía renovable española, equivalente a dúas centrais térmicas como a das Pontes. (A VOZ DE GALICIA 04/03/06) |
| |
 | Algún día a auga utilizarase como combustible de forma que o hidróxeno e o osíxeno que a forman, usados xuntos ou separadamente, subministrarán unha fonte inesgotable de calor e luz. (.A ILLA MISTERIOSA – JULIO VERNE) |
| |
 | Europa sofre o maior cambio climático dos últimos 5000 anos. (ENERGÍAS RENOVABLES Nº 42) |
| |
 | O primeiro motor diésel data do ano 1900 e funcionaba con aceite puro de cacahuete. (RIMA Nº 482) |
| |
 | Sogama construirá unha planta de biomasa en Cerceda que xerará 17 MW. (A VOZ DE GALICIA ) |
| |
 | Unha cisterna cunha fuga desperdicia ata 12.000 litros por día.(www.terra.com) |
| |
 | As Fragas do Eume están consideradas o mellor bosque atlántico costeiro europeo. (HUMUS Nº 18) |
| |
 | A demanda mundial de enerxía aumentará un 50% nos próximos 25 anos. (LA REGIÓN ) |
| |
 | A península Ibérica soporta o 85% dos incendios dos países mediterráneos. (RIMA Nº 475) |
| |
 | Os cultivos enerxéticos garanten un aproveitamento importante da biomasa. (ENERXÍAS RENOVABLES Nº 40) |
| |
 | A temperatura do Océano Atlántico sobe a un ritmo de 0,4 graos por década. (A VOZ DE GALICIA ) |
| |
 | Na codia terrestre as rochas máis abundantes son os granitos. (HUMUS Nº 18) |
| |
 | A maior finca solar de Galicia construirase na zona sur de Lugo e producirá case 12 MW ó ano. (O PROGRESO) |
| |
 | A solar fotovoltaica medra no mundo unha media anual do 60% desde o ano 2000. (WORLDWATCH INSTITUTE) |
| |
 | En África máis do 70% da poboación urbana (160 millóns de persoas) vive en áreas pobres. (RIMA Nº 468) |
| |
 | O 9.1 % do territorio español é un espazo natural protexido. (HUMUS Nº 15) |
| |
 | Vaise construír unha planta de enerxía das ondas na costa cántabra ocupando 2.000 m2 e subministrando enerxía eléctrica para 1.500 familias.(ENERXÍAS RENOVABLES ) |
| |
 | As aves aprenden a evitar os choques cos aeroxeradores segundo un estudo do National Environmental Research Institute. |
| |
 | A iluminación do nadal en Madrid, entre o 28/11/04 e o 05/01/05, foi de 3.6 millóns de Kwh emitindo 4.000 toneladas de CO2. |
| |
 | Só no ano 2004 puidéronse recuperar máis de 1.100.000 toneladas de envases, cantidade equivalente a encher, por completo, 82 estadios de fútbol.(Ecoembes) |
| |
 | Boeing última o prototipo do primeiro avión propulsado por hidróxeno.(RIMA Nº 452) |
| |
 | O cru acadará os 380 dólares en 10 anos. (Caja de Ahorros Ixix CIB.) |
| |
 | O líder mundial en m2 instalados de enerxía solar térmica é Israel, con 52,3 m2 por cada mil habitantes. (ENERXÍAS RENOVABLES Nº 37) |
| |
 | A enerxía estimada do mar é da orde de 20.000 TWh. (WWW.GEOTICIES.COM) |
| |
 | O ruído afecta á audición de 13 millóns de traballadores na UE. (RIMA Nº 464) |
| |
 | As enerxías renovables supuxeron o 6,5 % do consumo no ano 2004 en España. (ENERXÍAS RENOVABLES Nº 37) |
| |
 | O tráfico xera a metade da contaminación nas cidades españolas. (RIMA Nº 464) |
| |
 | A enerxía mareomotriz podería proporcionar 635.000 GW/h anuais, equivalentes a 1.045.000.000 barrís de petróleo. (www.ambientum.com) |
| |
 | 310.000 persoas morren ó ano na UE pola contaminación do aire. (RIMA Nº 463) |
| |
 | O consumo medio municipal por habitante e ano é de 232 kWh, o que representa un gasto medio de 26 € hab/ano. (INEGA) |
| |
 | A falta de auga podería afectar a 7.000 millóns de persoas no ano 2050. (HUMUS Nº 15) |
| |
 | Cada grao aumentado na calefacción supón o consumo dun 8% máis da enerxía.RIMA Nº456) |
| |
 | Nas ondas, por cada metro de costa poderíanse aforrar 8 kW; se houbese 336.000 km de costa xeraríanse 2.688.000 MW. (www.desarrollosostenible.com) |
| |
 | Unha condución eficiente suporía unha redución de CO2 equivalente á plantación de 48 millóns de árbores en toda España.(RIMA Nº 453) |
| |
 | A enerxía estimada das mareas é de 22.000 TWh, sendo recuperables 200 TWh. (www.desarrollosostenible.com) |
| |
 | Se cambiamos 1 MW xerado con carbón por un eólico, evítase emitir a atmosfera 1,02 toneladas de CO2.(APPA) |
| |
 | Un autobús ocupa 50 veces menos espazo e consome 15 veces menos enerxía por viaxeiro transportado que un coche particular.(RIMA Nº 453) |
| |
 | Un neno de menos de 10 anos morre de fame no mundo cada 7 segundos, outro queda cego cada 4 minutos por falta de Vitamina A. (Jean Ziegler – ONU) |
| |
 | Se instalamos un dobre cristal nas ventás, podemos aforrar un 25% de enerxía e protexernos contra a contaminación acústica.(RIMA Nº 452) |
| |
 | Pódense aforrar ata 100 € ó ano facendo un uso intelixente da iluminación dos nosos fogares. (IDAE) |
| |
 | A UE quere reducir as súas emisións invernadoiro entre o 60 e o 80% no ano 2050. (BOLETÍN DE ENERXÍAS RENOVABLES ) |
| |
 | Un inodoro con pequenas fugas pode representar unha perda anual de 34.000 litros de auga. (DOSSIER DO MEDIO AMBIENTE Nº 449) |
| |
 | O cambio climático podería acadar en 10 anos o punto de non retorno.(RIMA nº 451) |
| |
 | 250 autobuses da empresa municipal de transportes en Madrid circularán con biodiésel. (RIMA nº 452) |
| |
 | Unha billa aberta consome entre 5 e 10 litros de auga por minuto. (DOSSIER DO MEDIO AMBIENTE Nº 449) |
| |
 | O Instituto Tecnolóxico do Plástico investiga uns novos plásticos que desaparecen tras o seu uso. (XEOSCOPIO: BOLETÍN Nº 482) |
| |
 | A temperatura da terra subirá 2 graos centígrados en 20 anos. (RIMA nº 451) |
| |
 | Máis do 50 % do consumo do carbón prodúcese na China e Usa. (Joaquín Nieto) |
| |
 | Nunha vivenda media pódense aforrar 75.000 litros de auga ó ano, simplemente pechando as billas cando non se empregan.(DOSSIER DO MEDIO AMBIENTE Nº 449) |
| |
 | 10 gotas por minuto, nunha billa mal pechada ou con fugas, equivalen a desaproveitar 2.000 litros de auga ó ano.(DOSSIER DO MEDIO AMBIENTE Nº 449) |
| |
 | A penalización económica pola emisión de gases do efecto invernadoiro pode ascender a 100€ por tonelada. (Joaquín Nieto CCOO) |
| |
 | Nunha ducha de 5 minutos necesítanse 50 litros de auga, mentres que un baño consome, como mínimo, 150 litros(.DOSSIER DO MEDIO AMBIENTE Nº 449) |
| |
 | O sector do transporte consome ata o 40% da enerxía da nosa sociedade. (RIMA nº 452) |
| |
 | Cada ano deforéstase no mundo unha superficie equivalente a unha España e media. (Joaquín Nieto. CC.OO) |
| |
 | Aproximadamente o 75% do consumo da auga nunha vivenda realízase no baño. (DOSSIER DO MEDIO AMBIENTE Nº 449) |
| |
 | Estase a promover o desenvolvemento dos ladrillos fotovoltaicos na Comunidade Valenciana. BOLETÍN ENERXIAS RENOVABLES: 14/02/05. |
| |
 | Os españois aforrarían un 15% anual en combustible cunha condución máis eficiente. (XEOSCOPIO BOLETÍN Nº 482) |
| |
 | A NASA estuda plantar piñeiros en Marte. (Dossier) |
| |
 | Reciclar 100 Kg. de papel salva a vida de 7 árbores(DOSSIER) |
| |
 | Un 10% das aves desaparecerán e outro 15% estará en extinción no ano 2100. (Xornal El Mundo) |
| |
 | Os vehículos son os responsables do 70% dos óxidos nitrosos. (Instituto da Educación. Concello de Barcelona) |
| |
 | 1 litro de aceite lubricante pode chegar a contaminar ata un millón de litros de auga. |
| |
 | A nova marca de demanda eléctrica rexistrouse, en España, o 17.07.06 ás 13:26 con 40.730 MW (R.E.E.) |
| |
 | No último salón do automóbil en Detroit, presentáronse vehículos de hidróxeno capaces de acelerar de 0 a 100 en dez segundos. |
| |
 | O primeiro panel solar da historia foi o presentado en 1952 por Bell Sistems. (Nº 33 Energías Renovables) |
| |
 | A cidade de Bilbao contará co primeiro parque eólico mariño de España |
| |
 | A maior central fotovoltaica do mundo conta con 33.500 paneis solares, 5 MW de potencia e atópase en Alemaña. ( Fundación Terra) |
| |
 | O sol incide sobre Galicia un 20% máis que en Alemaña e este país europeo é o maior produtor solar do mundo. (INEGA) |
| |
 | Cada cidadán da Unión Europea produce ó ano 5 toneladas de lixo. (UE) |
| |
 | A maior velocidade do vento rexistrada no mundo foi de 416 km/h en 1934 nos Estados Unidos de América |
| |
 | As pas máis grandes do mundo (61,5 m) atópanse en Alemaña e están instaladas nun aeroxerador de 120 m de altura e 5 MW de potencia. (LM) |
| |
 | A cociña solar máis grande do mundo atópase na India e é capaz de cociñar 40.000 pratos ó día. ( Terra) |
| |
 | As inundacións ameazarán a un terzo da humanidade dentro de 50 anos. |
| |
 | A illa holandesa de Vlieland emprega só fontes renovables: turbinas mariñas, eólica, fotovoltaica, biomasa, xeotérmica e planta de hidróxeno. |
| |
 | Constrúese en Sevilla a central de enerxía solar máis potente de Europa, cunha pontencia de 10 MW. |
| |
 | España reciclou no ano 2003, o 57,7% dos envases usados de aceiro. |
| |
 | Galicia destaca como a primeira comunidade autónoma na produción de enerxía eólica. |
| |
 | Cada ano amoréanse en Europa 190.000 toneladas de pilas. |
| |
 | A eólica medra na UE a unha media anual dun 35% |
| |
 | A arquitectura sostible fai aforrar un 20% de enerxía. |
| |
 | O transporte en España emite un 30% de CO2 |
| |
 | Os aparatos de baixo consumo reducen o gasto ata 1.900 euros na súa vida útil. |
| |
 | A potencia eólica instalada en España é de 7.080 MW. |
| |
 | O número de aeroxeradores en Galicia é de 2.737, o número total de parques en funcionamento 79 e a potencia instalada é de 1.772 MW. |
| |
 | A eólica creou en Europa máis de 80.000 postos de traballo; en España uns 10.000. |
| |
 | A demanda de enerxía mundial incrementarase un 54% máis ata o ano 2005 polo aumento do consumo dos países en vías de desenvolvemento e as nacións asiáticas. |
| |
 | Un recolector da prehistoria consumía 2kWh por día. O Home e a Muller industrializados consomen 300 kWh por día. |
| |