Noticias

Conclusións Día Mundial da Eficiencia Enerxética

Finaliza a semana dedicada á eficiencia enerxética en Sotavento con motivo do Día Mundial da Eficiencia Enerxética 2012.

Durante a semana, na que se recibiu a visita de máis de 400 persoas, os visitantes elaboraron unha axenda onde deixaron constancia das súas ideas e consellos para unha maior eficiencia enerxética.

A continuación publicamos as ideas máis destacadas propostas por rapaces con idades comprendidas entre os 6 e os 15 anos:

– “Utilizar lámpadas de baixo consumo ou LED”.
– “Apagar as luces cando non as utilizamos”.
– “Desenchufar os aparellos para evitar o consumo pantasma”.
– “Apagar a vitrocerámica un pouco antes de rematar de cociñar para aproveitar o calor residual”.
– “Poñer o lavalouza en funcionamento só con carga completa”.
– “Instalar aireadores nas billas”.
– “Ducharse en vez de bañarse”.
– “Pechar a billa mentres lavamos os dentes”.
– “Durante o afeitado, en vez de deixar a billa aberta, utilizar unha cunca con auga para ir aclarando a coitela”.
– “Cando sexa posible, utilizar a luz solar en vez de acender as lámpadas”.
– “Utilizar a auga da chuvia para regar as plantas”.
– “Enchufar os aparatos en regretas para evitar os consumos ocultos e en espera”.
– “En traxectos curtos, desprazarse en bicicleta e non en coche”.
– “Utilizar vehículos eléctricos en vez dos de petróleo”.
– “Instalar paneis solares nas vivendas”.
– “Utilizar o transporte público en vez do coche particular”.
– “Desenchufar os cargadores cando rematen de cargar”.
– “Instalar sensores nas billas para aforrar auga”.
– “Construír vivendas bioclimáticas”.