Noticias

Semana da Eficiencia Enerxética en Sotavento

A semana do 5 ao 9 de marzo, sotavento centrou as súas actividades en accións relacionadas co uso responsable da enerxía con motivo do Día Mundial da Eficiencia Enerxética.

A orixe deste Día Mundial remóntase á primeira conferencia internacional sobre dita materia, celebrada en Austria en 1998. Máis de 350 expertos e líderes de 50 países debateron sobre a crise da enerxía e sobre a eficiencia enerxética como unha das posibles medidas para combatela. Ademais de esta efeméride, a eficiencia enerxética é a protagonista de outras iniciativas institucionais de concienciación.

A Comisión Europea puxo en marcha a campaña “Generation Awake” para concienciar aos consumidores sobre as melloras para a calidade do medio ambiente e a saúde, que leva consigo incorporar nos seus hábitos cotiás a eficiencia no uso dos recursos.

A eficiencia enerxética é, así mesmo, un dos puntos destacados que a Organización das Nacións Unidas (ONU) incluíu no actual Ano Internacional da Enerxía Sostible para todos. Con más de 400 participantes recibidos durante esta semana, a Fundación realizou este ano especial fincapé en aspectos relacionados coa mobilidade sostible. Por outra banda, unha “Axenda Eficiente” recolleu as suxestións que, sobre este tema, realizaron os visitantes. Sotavento publicará as mellores propostas.