Noticias

Sotavento inaugura unha nova exposición con motivo do Día Mundial da Enerxía

Co motivo do Día Mundial da Enerxía, que se celebra todos os 14 de febreiro dende o ano 1949, Sotavento inaugura a exposición “La energía nos mueve. Ciencia para una energía más limpia, sostenible y accesible” elaborada e producida polo Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC).

Esta exposición, composta por 20 paneis, ofrece unha perspectiva global sobre a situación enerxética mundial e as novas tecnoloxías que se están a investigar para acadar unha electricidade e un transporte máis limpos. Entre as alternativas amosa a enerxía atómica de fusión, solar térmica de concentración, cela de combustible, etc. Tamén fai fincapé na situación concreta de España e inclúe consellos e medidas que se poden levar a cabo para contribuír ao cambio do modelo enerxético.