Noticias

O Parque Eólico Experimental Sotavento e Schaeffler Iberia sellan un acordo de colaboración

Schaeffler Iberia e o Parque Eólico Sotavento firmaron un acordo de colaboración no ámbito da monitorización e o mantemento predictivo en aeroxeradores, que se materializa na instalación dun sistema de monitorización de vibracións, FAG WiPros para o análise da condición do tren de potencia dun dos aeroxeradores do Parque Eólico.
O dispositivo FAG WiPros é un sistema online de Condition Monitoring que permite a monitorización permanente dos aeroxeradores. Os resultados da medición poden transmitirse vía TCP / IP, módem estándar, radio ou vía satélite. Desta forma, consíguese a identificación prematura de danos e fallos, evitando as paradas non programadas e os correspondentes custes derivados das mesmas.

O intercambio de coñecemento entre Schaeffler e Sotavento basase nunha constante e fluida comunicación entre ambas corporacións. Por un lado os Enxeñeiros do Technology Center de Schaeffler Iberia formarán ao personal de Sotavento no ámbito do análise de vibracións para conseguir a correcta utilización do dispositivo, obtendo unha evaluación continua do estado do aeroxerador. Ao mesmo tempo, obterán as bases do mantemento predictivo e o acceso ao coñecemento en enxeñaría de rodamentos e detalles mecánicos sobre a aplicación do tren de potencia. Pola súa parte, os técnicos de Sotavento informarán sobre o comportamento dinámico do aeroxerador e os seus modos de fallo, o que permitirá a Schaeffler o desenvolvemento de novas estratexias predictivas no sector das enerxías renovables.