Recoñecementos

II Premios á Mellor Práctica en Mobilidade Sostible 2014

A Fundación resultou premiada nos “II Premios á Mellor Práctica en Mobilidade Sostible” convocados pola Fundación Renault para a Mobilidade Sostible e o Club de Excelencia en Sostibilidade. Os galardóns contan ademais co apoio da Fundación Biodiversidade do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente.

O principal obxectivo destes premios, entregados en Madrid pola Ministra de Medio Ambiente, Isabel García Tejerina, é concienciar á sociedade civil da importancia das actividades de mobilidade sostible a día de hoxe. O traballo premiado foi elixido entre uns 50 candidatos e consistiu na realización dun proxecto centrado no estudo da mobilidade eléctrica.

A Fundación recibiu como premio a cesión durante un ano dun vehículo eléctrico Renault Twizy co que ampliaremos os estudos realizados ata agora.