Eventos

II Feira da Enerxía de Galicia

Sotavento participou na II Feira da Enerxía de Galicia que tivo lugar do 22 ao 24 de marzo no recinto feiral de Silleda.

Durante as tres xornadas, achegáronse máis de 5.000 persoas a coñecer o noso proxeto Educativo-Divulgativo, nun espazo adicado exclusivamente ás enerxías renovables e á eficiencia enerxética.

Nesta segunda edición, a Feira da Enerxía de Galicia contou cun total de 6.235 visitantes, entre profesionais e consumidores. Segundo datos da organización, o público procedeu de case todas as comunidades españolas, pero tamén de outros países como Portugal, Francia, Suíza, Uruguai, Dinamarca ou Reino Unido.