Noticias

Educando para a sustentabilidade

Medio centenar de alumnos e alumnas de distintas facultades pertencentes á Universidade da Coruña (UDC), participaron o venres 15 de febreiro en Sotavento nunha actividade centrada especificamente na sustentabilidade.
A xornada enmárcase dentro do proxecto ‘Educando para a Sustentabilidade’, e dentro do ‘febreiro ambiental’ da UDC que incluirá conferencias, mesas redondas, debates, talleres, visitas técnicas, un ciclo de cinema ambiental e traballo de campo.
A actividade, deu comezo á segunda edición do citado proxecto didáctico organizado pola UDC e Alcoa.