Noticias

Sotavento fai entrega do premio do X Certame Renovable de Fotografía

O Parque Eólico Experimental Sotavento premiou este mércores  a Casiano Engroba Saavedra, pola súa fotografía “Son xigantes”, elixida polo xurado entre máis de un centenar de candidaturas.

Este certame que cumpre ca décima edición, ten como principal obxectivo dar a coñecer o mundo das enerxías renovables en xeral e a idea de Sotavento en particular. Dende o mes de novembro recibíronse máis dun centenar de fotografías entre as que se elixiu a gañadora.