Na zona exterior do Parque, distribuídos en 50 Ha, o visitante pode encontrar os seguintes contidos.

Instalacións exteriores

imaxe_019

Aeroxeradores

Un total de 24 máquinas, entre as cales encontramos 9 modelos distintos.
imaxe_023

Paneis solares

Varias instalacións reais de diferentes tecnoloxías tanto térmicas como fotovoltaicas.
imaxe_030

Vivenda Bioclimática

É un centro de interpretación da arquitectura bioclimática, cuxa estrutura nos mostra as posibilidades reais dun modelo da construción eficiente. O visitante poderá comprobar a aplicabilidade das enerxías renovables nunha vivenda familiar e a comparación das innovacións tecnolóxicas neste campo. Está dotada dunha sala de estar, un dormitorio, unha cociña, dous cuartos de baño, sala de caldeiras e zona de produción de electricidade.
imaxe_029

Planta de Hidróxeno

Alberga o proxecto pioneiro de investigación relacionado coa posibilidade de utilizar hidróxeno para almacenar enerxía eólica.
imaxe_020

O Bosque das "tarabelas"

Utilizadas tradicionalmente para protexer os cultivos das aves.
imaxe_021

O Bosque das mangas

Para coñecer a forza e dirección do vento. En Sotavento teñen ata 7 m. de lonxitude e as súas cores identifican as seis enerxías renovables.
imaxe_022

As "Mámoas"

Nove túmulos ou sepulcros propios do período megalítico. Unha delas foi reproducida para poder visualizar as súas partes principais.
imaxe_024

Ruta do Viento

Formada por esculturas dispersas ao longo das 50 Ha do parque, todas elas relacionadas co vento. Están constituídas por pezas da mina e da central térmica de As Pontes (canalizacións de presión, silos de carbón, etc.). O colorido presente nas esculturas representa, como no caso das mangas, as seis fontes de enerxía renovables.
imaxe_025

Ruta das Pedras

Durante o percorrido podemos ver a riqueza xeolóxica galega nunha exposición permanente e única das pedras máis representativas da nosa xeoloxía. Foi realizada polo Museo de Historia Natural ``Luis Iglesias`` da Universidade de Santiago de Compostela e dispón de guías educativas realizadas en colaboración coa Facultade de Pedagoxía da mesma universidade e a área educativa de Sotavento.
imaxe_027

Ruta do Quixote e o Vento

Con motivo do IV Centenario do Quixote nace esta ruta que pretende homenaxear a obra e ao seu autor en xeral e, en especial, os capítulos nos que o vento ten protagonismo. En cada unha das máquinas do parque pódese observar unha viñeta e unha figura que ilustran diferentes pasaxes da obra de Don Miguel de Cervantes.