Plan Educativo-Divulgativo

Información e formación obxectiva

Achegando o visitante á realidade enerxética

Adaptando a mensaxe aos seus coñecementos

De forma lúdica e divertida

O Plan Educativo-Divulgativo pretende achegar á poboación o tema enerxético dende unha óptica obxectiva, construtiva e contextualizada. A idea é provocar reflexións no público que o leven a tomar accións encamiñadas a utilizar de forma racional a enerxía, ao tempo que pretende dar resposta ás múltiples dúbidas en torno a cuestións enerxéticas que se nos formulan a diario. Entre os seus obxectivos xerais temos:

  • Achegar o mundo da enerxía á sociedade, fomentando un coñecemento reflexivo e rigoroso acerca das diferentes posibilidades que nos ofrecen
  • Servir de apoio ao labor didáctico realizado nos centros educativos, tanto a nivel formal como non formal
  • Ser un centro de información para todos os segmentos da poboación que teñan interese ou intereses no campo das enerxías renovables
  • Posibilitar que os visitantes adquiran experiencias e coñecementos para obter unha comprensión crítica e contextualizada dos principais problemas ambientais que xera a intervención humana no medio. O Plan Educativo de Sotavento, intenta facilitar a devandita comprensión, achegando ao visitante unha mostra da realidade tecnolóxica e enerxética actual
  • Caracterizar as actividades realizadas con aspectos lúdico-formativos, co fin de motivar e predispoñer a aprendizaxe