O pasado sábado 26 de febreiro de 2022 tivo lugar unha nova proba de orientación coa participación de máis de 300 persoas de todas as categorías, tanto femininas como masculinas. Ademáis da proba federada, os asistentes menos profesionais puideron entrar en contacto con este deporte a través do circuito permanente de orientación promovido por Sotavento e o Concello de Xermade.

O circuíto de orientación permanente Serrón do Lobo ten como obxectivo fomentar as actividades en contacto coa natureza e o deporte ó aire libre, ao tempo que ofrece unha alternativa de ocio gratuíta, apta para tódolos públicos.

Para realizar a actividade só tes que acudir ás nosas instalacións e descargar as diferentes rutas a escoller mediante un código QR situado nun panel exterior do edificio. Para completar o circuíto seleccionado, os participantes deberán buscar as balizas sinaladas no mapa na orde indicada e anotar o número de control que atoparán en cada unha delas.

Este ano participamos nunha nova edición da Feira da Enerxía de Galicia, Enerxétika 2022, celebrada do 3 ao 5 de febreiro en Silleda.

Durante estas tres xornadas preto de 3.000 peroas participaron no noso proxecto educativo, enfocado á difusión e sensibilización en materia de enerxías renovables e eficiencia enerxética. Os visitantes puideron coñecer de primeira man as fontes de enerxía renovables, datos sobre o consumo eléctrico, consellos relacionados coa eficiencia enerxética e información sobre a factura da luz. Ademáis, os máis pequenos puideron realizar diferentes obradoiros relacionados co vento.

Con 20 anos de traxectoria recén cumpridos o pasado 21 de xuño, acumulamos máis de 27.000 grupos e máis de 280.000 persoas nun proxecto pioneiro de educación enerxética que cada día cobra maior importancia polo aumento da demanda enerxética e dos custos económicos e ambientais derivados.

Centrándonos no 2021, un ano marcado novamente pola pandemia, conseguimos chegar a  6.212 persoas pertencentes a un total de 202 grupos, o que fai unha media de 518 persoas/mes.

Como novidade e para dar resposta ás restricións derivadas do COVID, puxemos en marcha un programa e actividades levadas a cabo nos propios Centros Educativos. O éxito do mesmo explica que un 38% das persoas que participaron nas nosas actividades durante este ano, fixérono a través desta modalidade que continuará activa no 2022. Ademais, este ano incrementáronse significativamente os contidos prácticos relacionados coas distintas fontes enerxéticas, así como coa factura da luz, cuestión esta última especialmente recurrente no periodo.

En canto a proxectos, destacan dous relacionados coa Vivenda Bioclimática: un sistema de autoconsumo mediante a acumulación eléctrica en baterías e la xestión intelixente do chan radiante mediante un sistema de predición que ten en conta o tempo atmosférico a tres días vista para mellorar a eficiencia e o confort.

Grupos técnicos, seguidos de centros de primaria e secundaria foron, por esta orden, os colectivos máis significativos e a duración media das actividades situouse entre as 3 e 4 horas.

Carácter:

Temporal

Período de Exposición:

Outubro 2021

Autor/a:

CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia)

Obxectivo:

Achegar ao público os aspectos básicos relacionados con este problema ambiental global, para favorecer a súa comprensión, xerar procesos de reflexión, e conseguir comportamentos dirixidos á acción para a mitigación e adaptación. A emerxencia climática interpélanos a todos e todas e hai razóns para a esperanza.

Breve Descrición:

‘Emerxencia climática: feitos e datos’, enfocada desde a educación ambiental e baseándose en información científica contrastada, pretende proporcionar os fundamentos básicos que argumentan a crise climática que vivimos. Preséntase como un percorrido secuencial, pero tamén pode facerse un achegamento á exposición tendo en conta catro grandes bloques de contidos diferenciados:

  • Bases de Coñecemento climático,
  • Dende o Global ata pisar o noso territorio,
  • Motivos para a esperanza proposta de acción e
  • Estratexias, alianzas e actores para a Emerxencia Climática.

 

Descargar folleto

Navegación de entradas