Síguenos en Facebook
Síguenos en Twitter

Dálle Luz á Túa Factura

O Instituto Enerxético de Galicia (INEGA), o Instituto Galego de Consumo (IGC), por medio da Fundación Sotavento Galicia realizan a campaña “Dálle Luz á Túa Factura”, unha iniciativa de divulgación, formación e sensibilización que pretende chegar á cidadanía o contido do recibo eléctrico e consellos para aforrar no consumo de electricidade.

Os obxectivos principais que persigue este proxecto son:

  • Facilitar a comprensión da factura da luz utilizando unha linguaxe comprensible para o cidadán, linguaxe non exenta, sen embargo, de rigorosidade.
  • Dar a coñecer os dereitos que nos asisten como consumidores eléctricos.

Para isto elaboráronse distintas ferramentas de comunicación entre as que destaca unha aplicación informática que permite:

  • Coñecer máis detalladamente todos os conceptos relacionados ca factura da electricidade: Prezo Voluntario ao Pequeno Consumidor (PVPC), termo de potencia, discriminación horaria, contadores intelixentes, mercado eléctrico, etc.
  • Diferenciar entre cada un dos axentes do sector eléctrico.
  • Calcular de xeito personalizado o termo de potencia contratada máis aconsellable en función do equipamento da vivenda.
  • Calcular de xeito personalizado a tarifa máis adecuada en función do equipamento da vivenda e do uso do mesmo.
  • Extrapolar os resultados con cuantificación económica e ambiental.
  • Obter consellos de aforro e eficiencia enerxética en iluminación, electrodomésticos, etc.
  • Coñecer os dereitos dos consumidores e ónde se poden formular as reclamacións e trámites relacionados coa factura da luz.

Para acceder á Aplicación:
http://www.inega.es/informacion/simuladores/

Segue a campaña no Facebook:
facebook.com/dalleluzatuafactura/

Teléfono de información da campaña: 900 90 77 23