Síguenos en Facebook
Síguenos en Twitter

Plan de bo goberno corporativo de Sotavento Galicia, S.A.

ÍNDICE


1.  INTRODUCIÓN.

2.  PRINCIPIOS E BENEFICIOS DO BO GOBERNO CORPORATIVO.

3.  ESTRUTURA DO BO GOBERNO CORPORATIVO.

A.  OS ESTATUTOS.

B.  AS POLITICAS CORPORATIVAS

1.  Políticas do Bo Goberno Corporativo e cumprimento normativo.

  • Accionistas.
  • Consello de Administración.
  • Xerente.

2.  Políticas de elaboración das contas anuais e control interno.

3.  Políticas de riscos:

a.  Risco operacional das operacións de mercado.

b.  De investimentos.

c.  De financiación e de riscos financeiros.

d.  De seguros.

e.  De compras.

f.  Política de prevención de riscos penais.

4.  Política de responsabilidade social.

a.  Política de recursos humanos.

b.  Política de prevención de riscos laborais.

c.  Código ético e de conduta.

d.  Difusión.


1. INTRODUCIÓN


SOTAVENTO GALICIA, S.A. recoñece a necesidade de procurar unha maior eficiencia, responsabilidade e transparencia na súa xestión. Por iso, ainda que non exista ningún código “esixible”, a Sociedade entende que un Bo Goberno Corporativo é positivo dado que un progreso na comunicación e unha maior transparencia levarán un maior control de riscos e unha mellora na toma de decisións.

O Bo Goberno Corporativo abrangue unha serie de elementos estratéxicos, de operación e da xestión da organización, a través de integrar e harmonizar o funcionamento dos diferentes actores de SOTAVENTO GALICIA, S.A., tales como Accionistas, Consello de Administración e Xerencia, ademais da súa relación cos distintos interesados, como empregados, proveedores, clientes, reguladores, Administracións Públicas, entidades financeiras, etc., sempre coa intención de ser un xerador de valor sostible no medio e longo prazo.

2. PRINCIPIOS E BENEFICIOS DUN BO GOBERNO CORPORATIVO


O sistema do Bo Goberno Corporativo susténtase sobre os seguintes principios:

  • A estratexia en materia de goberno corporativo.
  • A Sociedade asume un conxunto de principios e valores que expresan o seu compromiso en materia de Bo Goberno Corporativo, ética empresarial e responsabilidade social corporativa.

  • A relación cos accionistas
  • A Sociedade ten como obxectivo prioritario conformar un Sistema de Bo Goberno Corporativo que estableza un marco de relacións entre a Sociedade e os seus accionistas baseado na transparencia e que protexa de forma adecuada o dereito de información dos socios.

  • O Consello de Administración
  • A composición do Consello de Administración da Sociedad foi deseñada para que os socios teñan no mesmo unha representación o máis equitativa posible coa súa participación no capital da Sociedade.

  • El gerente
  • A xestión ordinaria da Sociedade delégase no xerente con certos límites, coa finalidade de facela o máis eficiente posible.

  • Responsabilidad social corporativa
  • As Políticas de responsabilidade social da Sociedade teñen por obxecto favorecer unha cultura global de responsabilidade social que contribúa a mellorar o benestar das persoas e crear valor sostible para os accionistas, empregados, clientes e proveedores.

  • A xestión de riscos e o cumprimento normativo
  • A Sociedade está permanentemente comprometida coa aplicación de prácticas de goberno corporativo éticas e co mantemento, desenvolvemento e supervisión de políticas de cumprimento eficaces. Isto inclúe a observancia da normativa e das políticas de xestión de riscos. Ademais a Sociedade asume un compromiso permanente de vixilancia e sanción dos actos e condutas fraudulentos, de implantación e desenvolvemento de mecanismos de concienciación de todos os traballadores e de desenvolvemento dunha cultura empresarial de ética e honestidade, para o que conta cun Plan para a Prevención de Delitos Penais e un Código Ético.

En definitiva, o dispoñer dun Bo Goberno Corporativo ten moitos beneficios entre os cales podemos destacar o:

  • Contar con regras claras sobre a toma de decisións, xestión e administración do negocio entre as partes que interveñen dentro da Sociedade.
  • Formalizar procesos mínimos sobre temas trascendentes da Sociedade, que todos coñecan e acepten.
  • Facilitar e clarificar a toma de decisións.
  • Institucionalizar a organización (por temas internos e/ou externos)

3. ESTRUTURA DO BO GOBERNO CORPORATIVO.


O sistema de Bo Goberno Corporativo de SOTAVENTO GALICIA, S.A. está integrado por:

  1. Os estatutos
  2. As políticas corporativas: que se estruturan en catro grupos:
    1. Políticas de Bo Goberno Corporativo e cumprimento normativo
    2. Políticas de elaboración de contas anuais e control interno
    3. Políticas de riscos
    4. Políticas de responsabilidade social

A. OS ESTATUTOS

Os estatutos societarios constitúen a norma básica e o pilar esencial do Bo Goberno Corporativo.

B. AS POLÍTICAS CORPORATIVAS

1. POLITICAS DE BO GOBERNO CORPORATIVO E CUMPRIMENTO NORMATIVO

O Bo Goberno Corporativo está desenvolvido principalmente polos Estatutos da Sociedade, o Código Ético e de Conduta; e polo Plan de Prevención de Riscos Penais.

Os principios e valores do Bo Goberno Corporativo estrutúranse a través de:

  • Accionistas
  • Consello de Administración
  • Xerente

Accionistas

A Sociedade ten como obxectivo prioritario conformar un Sistema de Bo Goberno Corporativo que estableza un marco de relacións entre a Sociedade e os seus accionistas baseado na transparencia e que protexa de forma adecuada o dereito de información dos socios, con pleno respecto ao principio de igualdade de trato de todos os que se atopen en condicións idénticas e que fomente a súa participación informada na Xunta Xeral de Accionistas.

Estos obxectivos quedan referendados nos artigos 35 e 36 dos estatutos sociais:

Á súa vez, a Sociedade confía en que os accionistas exerzan os seus dereitos e cumpran os seus deberes con lealdade, boa fe, transparencia, en defensa do interese social, que é prioritario fronte aos seus respectivos intereses particulares, e de conformidade co Sistema de Bo Goberno Corporativo.

A relación colexiada dos accionistas coa Sociedade realízase a través da Xunta Xeral cuxos criterios e procedementos que rixen o seu funcionamento están recollidos nos artigos do 11 ao 23 dos estatutos da Sociedade e a lexislación vixente.

Consello de Administración

A composición do Consello de Administración da Sociedade foi deseñada para que os socios teñan no mesmo unha representación o máis equitativa posible coa súa participación no capital da Sociedade.

Os criterios e procedementos que rixen o seu funcionamento están recollidos nos artigos do 24 ao 34 dos estatutos da Sociedade:

O Consello de Administración para poder efectuar a representación externa da Sociedade SOTAVENTO GALICIA, S.A. conferiu poderes ao Presidente do Consello.

Xerente

A estrutura societaria está deseñada para dar o poder de xestión da Sociedade con determinados límites ao xerente.

2. POLITICA DE ELABORACIÓN DAS CONTAS ANUAIS E CONTROL INTERNO

O Consello de Administración debe fomentar un elevado nivel de transparencia na xestión económica da empresa. Dous elementos condicionan esta transparencia:

  1. As contas anuais: O xerente da empresa é o principal responsable da presentación das contas anuais para a súa formulación polo Consello de Administración e de ofrecer as explicacións que os conselleiros estimen oportunas. O Consello de Administración debe facer un seguimento periódico dos estados financeiros da Sociedade.
  2. O control interno: É o sistema mediante o cal a empresa intenta asegurarse de que todas as actividades a través das cales buscan acadar os seus obxectivos se realizan de forma eficiente, sen fraudes e de acordo ao marco legal. Dito control interno realízase nos seguintes ámbitos:
    1. Representación ante terceiros: mediante o outorgamento de poderes ao presidente do Consello de Administración e máis limitados ao xerente.
    2. Auditoría externa das contas anuais da sociedade: por auditor designado pola Xunta Xeral.
    3. Xurídico: mediante a contratación dun departamento xurídico de avogados que realiza o labor de asesoramento ao xerente, principalmente en temas contractuais e das relacións coas diferentes Administracións Públicas.
    4. Fiscal e contable: mediante unha asesoría que realiza o labor contable, laboral e asesoramento fiscal ao xerente.

3. POLÍTICAS DE RISCOS

O obxecto da política de riscos da Sociedade consiste en establecer os principios básicos no marco xeral de actuación para o control e a xestión dos riscos de toda natureza aos que se enfronta a Sociedade.

Estes riscos poderiamolos clasificar en:

  1. Riscos operacionais das operacións de mercado.

    O sector enerxético e en especial o das enerxías renovables está sometido a unha modificación continua no ámbito normativo en relación coa súa actividade principal que é a venda de enerxía.

    A avaliación destes riscos e as decisións a tomar competen ao Consello de Administración previo informe do xerente.

  2. Política de investimentos.

    A política de investimentos que queira desenvolver a Sociedade é competencia do Consello de Administración, e a toma de decisións neste ámbito está regrada nos estatutos da Sociedade.

  3. Política de financiamento e de riscos financeiros.

    A política de financiamento e de riscos financeiros establece o marco para a cobertura das necesidades financeiras da Sociedade:

    1. Asegurando a liquidez co mínimo gasto .
    2. Colocación das puntas de tesourería.
    3. Determinando os niveis adecuados de risco a asumir para optimizar o binomio custo-risco dentro dos límites que se establecen.
    4. O adecuado cumprimento dos compromisos fiscais coas diferentes Administracións, en especial coa Facenda Pública e coa Seguridade Social.

    A política de financiamento e de riscos financeiros regúlase fundamentalmente polo Consello de Administración con informes previos da xerencia.

  4. Política de seguros

    A política de seguros establece o marco para o control e xestión, pola vía do aseguramento, da exposición global da Sociedade ao impacto dos riscos operacionais como de responsabilidades civís. Esta política inclúe os seguintes programas de seguros:

    1. Danos materiais.
    2. Lucro cesante.
    3. Crédito e caución.
    4. Defensa xurídica.
    5. Responsabilidade civil xeral.
    6. Responsabilidade civil de directivos.
  5. Política de compras

    A política de compras establece o marco global para o control e a xestión optima das mesmas baixo os criterios de:

    1. Publicidade.
    2. Concorrencia.
    3. Transparencia.
    4. Confidencialidade.
    5. Igualdade.
    6. Non discriminación.

    Para o cumprimento de ditos criterios a Sociedade ten un procedemento interno de contratación que foi aprobado polo Consello de Administración.

  6. Política de prevención dos riscos penais.

    O obxectivo desta política é ademais de cumprir coa esixencia legal da súa elaboración, o previr delitos ou reducir de forma significativa a súa comisión, protexendo a SOTAVENTO GALICIA, S.A. dunha posible responsabilidade penal no caso de comisión dalgún tipo de delito.

    O Plan de Prevención de Riscos Penais resulta aplicable a todos os traballadores de SOTAVENTO GALICIA, S.A. incluíndo os directivos.

    Esta política realízase a través do establecemento dun modelo de organización e xestión aprobado polo Consello de Administración e a designación do xerente como encargado de velar polo seu cumprimento.

4. POLÍTICA DE RESPONSABILIDADE SOCIAL

O obxecto da Política de Responsabilidade Social Corporativa é favorecer unah cultura de responsabilidade social na Sociedade que contribúa a mellorar o benestar das persoas, crear valor sostible para os accionistas, emplegados, clientes, proveedores e acreedores.

Esta política de responsabilidade social realízase a través de:

  1. Política de recursos humanos

    O obxectivo desta Política de Recursos Humanos é definir, deseñar e difundir un modelo de xestión de recursos humanos da empresa que lle permita manter e mellorar o seu capital humano e que favoreza a selección, formación e retención dos mellores profesionais.

    A política de recursos humanos baséase en:

    1. O Código ético e de conduta de que dispón a Sociedade.
    2. As instrucións de contratación do persoal.
    3. O manual de postos de traballo.

  2. Política de prevención de riscos laborais.

    A finalidade da Política de Prevención de Riscos Laborais é conseguir un medio de traballo seguro e saudable na Empresa.

    Para a consecución de dita finalidade, a Sociedade asume e promove os seguintes principios básicos que deben presidir todas as súas actividades:

    1. Desenvolver e implantar un sistema de xestión da prevención de riscos laborais.
    2. Esixir o respecto das normas de seguridade establecidas pola Sociedade aos contratistas e facerlles partícipes da cultura preventiva implantada.
    3. Favorecer a participación dos traballadores na promoción da seguridade e a saúde, para aumentar os estándares de seguridade.
    4. Promover a cultura preventiva a través de:
      1. A formación e capacitación permanente dos empregados, a fin de implicar a cada traballador e mentalizalo sobre a incidencia do seu traballo na seguridade das persoas, procesos e instalacións.
      2. O fomento de comportamentos respectuosos coa seguridade e a saúde dos traballadores.

  3. Código ético e de conduta.

    O Código Ético e de Conduta de SOTAVENTO GALICIA, S.A., ten por obxecto establecer as pautas xerais de conduta da Sociedade e a de todo o equipo humano que a conforma.

    O Código é de aplicación a SOTAVENTO GALICIA, S.A., e a todo o equipo humano, con independencia do nivel xerárquico e da situación xeográfica ou funcional que ocupen.

    O Código Ético e de Conduta aprobado polo Consello de Administración convértese ao lado dos Estatutos da Sociedade nun pilar básico nla estrutura do Bo Goberno Corporativo.

  4. Difusión

    A Sociedade ten o convencemento de que o seu sistema de Bo Goberno Corporativo debe ir á par da súa difusión, para o cal o Plan de Goberno Corporativo e o Código Ético e de Conduta está dispoñible na páxina web corporativa.