Síguenos en Facebook
Síguenos en Twitter

Código ético e de conduta de Sotavento Galicia, S.A.

ÍNDICE


CAPÍTULO I.- O CÓDIGO ÉTICO E DE CONDUTA.
Artigo 1.- Finalidade.
Artigo 2.- Ámbito de aplicación.
Artigo 3.- Eficacia e Cumprimento do Código.

CAPÍTULO II.- PRINCIPIOS.
Artigo 4.- Cumprimento da Lei e as normas internas.
Artigo 5.- Dereitos Humanos.
Artigo 6.- Profesionalidade e Integridade.
Artigo 7.- Traballo en equipo.
Artigo 8.- Seguridade e Saúde no traballo.
Artigo 9.- Protección do Medio Ambiente.

CAPÍTULO III.- NORMAS ESPECÍFICAS DE CONDUTA.
Artigo 10 - Igualdade de oportunidades.
Artigo 11.- Protección dos empregados.
Artigo 12.- Conciliación entre a vida persoal, familiar e laboral.
Artigo 13.- Dereito á intimidade.
Artigo 14.- Conflitos de interese.
Artigo 15.- Uso de bens, recursos e medios da Empresa.
Artigo 16.- Tratamento do Coñecemento e da Información.
Artigo 17.- Uso de ferramentas informáticas.
Artigo 18.- Obsequios, agasallos e outras atencións.

CAPÍTULO IV.- O MEDIO E AS RELACIÓNS COA SOCIEDADE.
Artigo 19.- Relacións con Administracións Públicas e outros Organismos.
Artigo 20.- Relacións cos clientes.
Artigo 21.- Relacións con proveedores e subministradores.
Artigo 22.- Relacións coa sociedade.

CAPÍTULO V.-O XESTOR ÉTICO.
Artigo 23.- Funcións.
Artigo 24.- Canais de Comunicación, a Caixa do correo Ética.

CAPÍTULO VI.- MODIFICACÓNS.

CAPÍTULO I.- O CÓDIGO ÉTICO E DE CONDUTA.


Artigo 1.- Finalidade
a) O Código Ético e de Conduta de SOTAVENTO GALICIA, S.A., en diante "o Código", ten por obxecto establecer as pautas xerais de conduta da Empresa e a de todo o equipo humano que a conforma.
b) Elaborouse tendo en conta as recomendacións de bo goberno e os principios de responsabilidade social. Así mesmo, o Código complementa as novas obrigas de prevención penal impostas no ámbito de responsabilidade penal das persoas xurídicas.
c) O Código desenvolve os conceptos de visión e valores, e non pretende abarcar todas as situacións, senón determinar os comportamentos esperados de todos os que forman parte do equipo humano de SOTAVENTO GALICIA, S.A., en aquelas cuestións de natureza ética relacionadas cos compromisos e obrigas no ámbito da súa actividade profesional, aplicando o principio de tolerancia cero ante malas prácticas en materia de ética e integridade. SOTAVENTO GALICIA, S.A. e todos os empregados comprométense a manter unha conduta coherente cos principios do presente Código.
d) O presente Código forma parte do Sistema de Goberno Corporativo de SOTAVENTO GALICIA, S.A.
Artigo 2.- Ámbito de aplicación
a) O Código é de aplicación a SOTAVENTO GALICIA, S.A., e a todo o equipo humano, con independencia do nivel xerárquico ou funcional que ocupen.
b) A efectos do Código, considérase persoal de SOTAVENTO GALICIA, S.A.: O Consello de Administración, o xerente, os mandos intermedios, o persoal técnico, administrativo e de apoio.
c) Igualmente, resultará de aplicación o presente Código ás empresas ou profesionais subcontratados.
Artigo 3.- Eficacia e Cumprimento do Código.
a) SOTAVENTO GALICIA, S.A. e todos os empregados, ademais de cumprir as normas legais vixentes, teñen a obriga de:
  • Coñecer, cumprir e facer cumprir as políticas, normas e procedementos internos, segundo a súa función e responsabilidade.
  • Promover entre, clientes, proveedores, contratistas e empresas colaboradoras a adopción de pautas de condutas coherentes con esta norma.
b) Os empreados que xestionen e dirixan equipos terán, adicionalmente as seguintes responsabilidades:
  • Velar porque as persoas baixo a súa responsabilidade coñezan, comprendan e cumpran o Código.
  • Xestionar e dirixir co exemplo.
c) Ningún poderá xustificar unha conduta impropia amparándose no descoñecemento da normativa.
d) Tampouco estarán obrigados a cumprir ordes ou instrucións contrarias ao presente Código ou ás disposicións legais vixentes.
e) SOTAVENTO GALICIA, S.A. comunicará, difundirá e poñerá á disposición de todos os empregados o contido do Código, e asegurarase de que os novos empregados que se incorporen poidan acceder ao mesmo.
f) O incumprimento das normas establecidas no presente Código, sen prexuízo de calquera outra responsabilidade administrativa, civil, social, mercantil ou penal, pode motivar a adopción das sancións disciplinarias que resulten de aplicación.

CAPÍTULO II.- PRINCIPIOS.


Artigo 4.- Cumprimento da Lei e as normas internas.
a) SOTAVENTO GALICIA, S.A. e todos os que compoñen o equipo humano, asumen o compromiso de levar a cabo as súas actividades de acordo coa lexislación en vigor, e as normas internas da Sociedade, sen excepcións.
b) Observarán, en todas as circunstancias, un comportamento ético, evitando calquera conduta que poida ir en contra da normativa aplicable, o prexuízo na reputación da Sociedade, a imaxe e o funcionamento interno, ou a súa imaxe pública.
c) Así mesmo, non colaborarán con terceiros en accións que induzan á violación da Lei ou que, aínda sendo legais, poidan comprometer o respecto ao principio de legalidade, ou prexudicar a confianza de terceiros en SOTAVENTO GALICIA, S.A.
d) Adoptarán as accións de mellora permanente neste ámbito.
Artículo 5.- Dereitos Humanos

SOTAVENTO GALICIA, S.A. comprométese a respectar os Dereitos Humanos internacionalmente recoñecidos, que inclúen os dereitos establecidos na Carta Internacional de Dereitos Humanos e os principios relativos aos dereitos establecidos na Declaración da Organización Internacional do Traballo (OIT) relativa aos Principios e Dereitos Fundamentais no Traballo e os oito convenios que os desenvolven, así como os documentos ou textos que poidan susbtituír, complementar ou mellorar os anteriormente referidos.

Artigo 6.- Profesionalidade e Integridade.
A conduta dos integrantes de SOTAVENTO GALICIA, S.A. axustarase ao criterio de profesionalidade, entendida esta como a actuación dilixente, responsable e eficiente, cuxo obxectivo é a excelencia mediante a mellora permanente.
a) Os profesionais de SOTAVENTO GALICIA, S.A. asumirán a responsabilidade sobre as súas actuacións, que teñen que ser eticamente aceptables e legalmente válidas.
b) A integridade, como criterio rector da conduta implica: lealdade, honradez, honestidade, boa fe, obxectividade na toma de decisións e coherencia cos principios e valores deste Código.
Artigo 7.- Traballo en equipo.
a) SOTAVENTO GALICIA, S.A. promove a cooperación e o traballo en equipo para unha mellor utilización de todos os seus recursos e capacidades. Todos os empregados traballarán tendo en conta este espírito de colaboración, e compartirán co resto de persoas de SOTAVENTO GALICIA, S.A. os coñecementos e recursos que faciliten a consecución dos obxectivos da Sociedade.
b) Promoverase a colaboración e o traballo en equipo, non só a nivel interno de SOTAVENTO GALICIA, S.A. senón coas empresas subcontratadas ou colaboradoras cara a unha optimización de rendementos e un mellor ambiente de traballo.
c) Promoverase a colaboración e o traballo en equipo, non só a nivel interno de SOTAVENTO GALICIA, S.A. senón coas empresas subcontratadas ou colaboradoras cara a unha optimización de rendementos e un mellor ambiente de traballo.
Artigo 8.- Seguridade e Saúde no traballo.
a) Medio saudable e seguro. Para isto SOTAVENTO GALICIA, S.A. adoptará permanentemente as medidas preventivas establecidas na lexislación vixente.
b) Obriga de coñecer e cumprir as normas de protección, seguridade e saúde no traballo, velando pola propia seguridade e pola allea, mediante o cumprimento das medidas de prevención que se adopten.
c) Os directivos, socios, clientes, proveedores, visitantes e calquera que queira acceder ás instalacións de SOTAVENTO GALICIA, S.A. terán que cumprir as medidas preventivas establecidas pola Sociedade neste ámbito.
d) Tampouco se tolerarán as faltas de hixiene e de salubridade persoal no lugar de traballo, por consideralas unha falta de respecto cara aos demais, sen prerxuízo do establecido na lexislación vixente.
Artigo 9.- Protección do Medio Ambiente.

O medio ambiente é un ben primario que SOTAVENTO GALICIA, S,A. se compromete a protexer; con este fin, programa as súas actividades buscando un equilibrio entre as iniciativas económicas e as necesidades medioambientais imprescindibles, tendo en conta en todo momento os dereitos das xeracións vindeiras.

SOTAVENTO GALICIA, S.A. comprométese, polo tanto, a reducir o impacto ambiental e paisaxístico das súas actividades, ademais de previr os riscos para a poboación e para o medio ambiente non só respectando as normativas vixentes, senón tamén tendo en conta os avances da investigación científica e das mellores prácticas na materia.

SOTAVENTO GALICIA, S.A. comprométese a promover o aforro e a eficiencia enerxética, a conservación dos recursos naturais, a minimización de residuos e axentes contaminantes, e aquelas outras accións coherentes coa protección do medio ambiente.

CAPÍTULO III.- NORMAS ESPECÍFICAS DE CONDUTA.


Artículo 10- Igualdade de oportunidades
a) Os empregados son o activo máis importante da Sociedade, porque deles depende a consecución dos obxectivos, por iso, SOTAVENTO GALICIA, S.A. entende que o seu desenvolvemento profesional ten que ir unido ao desenvolvemento persoal.
b) Constitúe un principio básico proporcionar as mesmas oportunidades no acceso ao traballo e no acceso á promoción profesional, polo que SOTAVENTO GALICIA, S.A. aplicará criterios de non discriminación e igualdade de oportunidades en todos os seus procesos.
c) Exclúense como factores de avaliación profesional a nacionalidade, raza, cor, orixe e condición social, sexo, estado civil, orientación sexual, ideoloxía, relixión, ou parentesco.
d) Desde SOTAVENTO GALICIA, S.A. promoverase especialmente a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres no que se refiere ao acceso ao emprego, á formación, á promoción profesional, ás condicións de traballo e aos bens, servizos e subministracións.
e) Os criterios rectores do desenvolvemento e da promoción profesional son: o talento, o mérito, a capacidade, o esforzo, o resultado no desempeño, a formación, a experiencia e o potencial do empregado.
Artigo 11.- Protección dos empregados.
a) Os empregados de SOTAVENTO GALICIA, S.A. trataranse entre eles con educación, respecto e compañeirismo, favorecendo un clima laboral cómodo, saudable, seguro e afastado de hostilidades.
b) Non se tolerarán baixo ningunha circunstancia condutas ofensivas, amenazantes, de acoso sexual, abuso de autoridade, discriminación, difamación ou calquera outra forma de agresión física, moral ou psicolóxica, sen prerxuízo do establecido na lexislación vixente.
Artigo 12.- Conciliación entre a vida persoal, familiar e laboral.

SOTAVENTO GALICIA, S.A. é consciente da importancia do equilibrio entre a vida persoal, familiar e laboral, polo que impulsará medidas tendentes a facilitar a conciliación.

Artigo 13.- Dereito á intimidade.
a) En SOTAVENTO GALICIA, S.A. respéctase o dereito á intimidade, en especial no relativo a datos de carácter persoal.
b) Os empregados que teñan acceso a datos de carácter persoal doutros empregados, comprométense a manter a confidencialidade dos mesmos, e a non divulgalos, salvo co consentimento do interesado, ou por obriga legal, ou en cumprimento de resolucións xudiciais e administrativas ou por disposición legal.
c) O tratamento dos datos de carácter persoal e a súa custodia, en papel ou en soporte informático, para a captación, tratamento, rexistro ou posible explotación comercial de tales datos, realizarase conforme ao disposto nas normas internas de SOTAVENTO GALICIA, S.A. e na lexislación vixente.
Artigo 14.- Conflitos de interese.
a) O conflito de interese pode xurdir cando os intereses persoais ou privados son contrarios ou entran en colisión, de maneira directa ou indirecta, cos intereses de SOTAVENTO GALICIA, S.A., interfiren no desenvolvemento recto e obxectivo dos deberes profesionais, ou implican a título persoal ao empregado nalgunha transacción ou operación da Sociedade.

A efectos deste punto, considérase persoal de SOTAVENTO GALICIA, S.A.: O Consello de Administración, o xerente, os mandos intermedios, o persoal técnico, administrativo e de apoio e todo o persoal laboral.

Considéranse intereses persoais ou privados os que inclúen calquera tipo de vantaxe profesional ou patrimonial para os empregados, os seus familiares ou terceiras persoas relacionadas con eles. En relación con este tipo de conflitos de interese, seguiranse as seguintes pautas de conduta:
  • Actuar con profesionalidade, lealdade e defensa dos intereses de SOTAVENTO GALICIA, S.A., independentemente de intereses propios ou de terceiros. Prohibición de primar os intereses propios ou os de terceiros a expensas dos de SOTAVENTO GALICIA, S.A.
  • Informar ao superior xerárquico inmediato, antes de calquera toma de decisión, daquelas circunstancias que poidan afectar unha actuación independente.
  • Os empregados afectados por un conflito de interese absteranse de intervir na toma de decisións ou na aprobación daquelas operacións nas que eles, ou o seu círculo de familiares e relacións, teñan intereses persoais.
Artigo 15.- Uso de bens, recursos e medios da Sociedade.
a) Protexer os bens de SOTAVENTO GALICIA, S.A. e utilizalos da maneira prevista, preservándoos de calquera dano, pérda ou roubo e evitar que o seu uso inadecuado poida ocasionar prexuízo á Sociedade ou a terceiros.
b) Non usar os bens da Sociedade en beneficio persoal nin particular. Utilizar o sentido común e a prudencia á hora de valorar se se está facendo un uso responsable de ditos bens.
c) O roubo ou furto dos bens de SOTAVENTO GALICIA, S.A., de maneira directa ou indirecta dará lugar no seu caso ao despido e ao inicio dos procesos xudiciais que procedan. SOTAVENTO GALICIA, S.A. considera o roubo ou furto no lugar de traballo, de bens pertencentes aos empregados, da mesma maneira que considera o roubo ou furto dos bens da Empresa.
d) Non participar en actividades persoais, que interfiran ou impidan o desenvolvemento das actividades profesionais durante o horario laboral.
e) No referente ás aplicacións, equipos informáticos e acceso á navegación por internet non comprometer, baixo ningunha circunstancia, a funcionalidade e a seguridade dos sistemas informáticos da Sociedade.
Artigo 16.- Tratamento do Coñecemento e da Información.
a) SOTAVENTO GALICIA, S.A. promove compartir o coñecemento e a información que se xere no seo da Empresa. A tal fin, favorecerá a transmisión do fluxo de coñecemento e información para que chegue a todos os empregados, mellorando a xestión das actividades e potenciando o desenvolvemento das persoas.
b) En ningún caso se entregará información incorrecta, incompleta ou inexacta que puidese confundir ao que a recibe.
c) Toda a información e o coñecemento que se xere no ámbito da Sociedade, é propiedade de SOTAVENTO GALICIA, S.A., nos termos referidos na lexislación vixente e na normativa interna.
d) Os que forman parte do equipo humano de SOTAVENTO GALICIA, S.A. teñen o deber de preservar o coñecemento da Sociedade fronte ao exterior.
e) Todas as operacións de SOTAVENTO GALICIA, S.A. han de ser reflectidas con claridade, precisión e han de ser arquivadas adecuadamente, seguindo os protocolos de arquivo que a Sociedade estableza no seu caso.
f) Toda a información propiedade ou en custodia de SOTAVENTO GALICIA, S.A., de carácter non público, ten a consideración de reservada, e en algúns casos pode ser considerada confidencial. Por iso, todos os empregados están obrigados a manter a reserva ou confidencialidade daquela información clasificada á que se acceda como consecuencia do desempeño do traballo. Así mesmo, está prohibido informar ou facilitar datos que puidesen favorecer ou dar vantaxe a terceiros nas súas relacións con SOTAVENTO GALICIA, S.A., ainda que este non resulte prexudicado (información privilexiada). SOTAVENTO GALICIA, S.A. poderá requirir a sinatura de documento especial de confidencialidade a aqueles empregados, respecto da información confidencial utilizada que fose clasificada nesta categoría. Os deberes de confidencialidade permanecerán mentres subsista o carácter confidencial da mesma, incluso cando a relación laboral do empregado finalizase. Ao termo da relación laboral, calquera que sexa a causa, o empregado de SOTAVENTO GALICIA, S.A. non poderá copiar, reproducir, ou transmitir ningún tipo de información ou documentación de carácter reservado ou confidencial, adquirida na súa condición de empregado de SOTAVENTO GALICIA, S.A., calquera que sexa o seu soporte, nin achegar ou utilizar dita información.
Artigo 17.-O uso de ferramentas informáticas

Está prohibido facer uso sen autorización dos sistemas e documentos informáticos da Sociedade así como aqueles que sexan titularidade de terceiros aos que os empregados de SOTAVENTO GALICIA S.A. polo labor que realicen poidan acceder.

Artigo 18.- Obsequios, agasallos e outras atencións.
a) Só se aceptarán obsequios, agasallos e outras atencións cando o seu valor económico sexa economicamente irrelevante ou simbólico. Inclúense nesta categoría os de carácter promocional e de propaganda. Ditos agasallos, serán entregados ou recibidos de forma transparente e con carácter ocasional, en virtude dunha práctica social ou de cortesía xeralmente aceptada. É requisito imprescindible que tales prácticas non sexan contrarias aos valores éticos nin á legalidade vixente, e que non prexudiquen a reputación de SOTAVENTO GALICIA, S.A.
b) Queda prohibida a aceptación de calquera clase de remuneración por servizos derivados da actividade profesional. En particular, están absolutamente prohibidos os actos de suborno ou comisión. Considéranse entre eles: o ofrecemento ou promesa, directa ou indirecta, de calquera tipo de vantaxe impropia, calquera instrumento para o seu encubrimento, así como o tráfico de influencias. Todo iso sen prexuízo do establecido na lexislación vixente.
c) Os empregados de SOTAVENTO GALICIA, S.A. non poden recibir cobros para facilitar ou axilizar o curso dun trámite, consistentes na entrega de diñeiro ou outra cousa de valor, calquera que sexa o seu importe. Ademais das consecuencias que o incumprimento desta norma teña na aplicación do réxime disciplinario correspondente, e doutras consecuencias alleas ao réxime laboral, o incumprimento deste apartado pode causar un dano considerable á reputación e ao bo nome de SOTAVENTO GALICIA, S.A., así como afectar á súa responsabilidade penal ou calquera outra.

CAPITULO IV.- O MEDIO E AS RELACIÓNS COA SOCIEDADE.


Artigo 19.- Relacións con Administracións Públicas e outros Organismos.
a) As relacións con autoridades, organismos reguladores e resto de Administracións Públicas presentaranse baixo os principios de cooperación e transparencia.
b) Todos os empregados de SOTAVENTO GALICIA, S.A. actuarán con honradez e integridade nos seus contactos coas autoridades e empregados públicos, asegurando que toda a información, así como as declaracións que se realicen sexan veraces e completas. Especialmente no cumprimento das resolucións administrativas e xudiciais que teñan carácter executivo e que afecten a SOTAVENTO GALICIA, S.A., excepto que se suspenda legalmente a súa execución.
Artigo 20.- Relacións cos clientes.
a) Compromiso de ofrecer servizos de calidade aos nosos clientes, entendida esta en termos de xeración de valor a longo prazo para todas as partes interesadas. Para iso SOTAVENTO GALICIA, S.A. facilitará os recursos necesarios que permitan acadar a excelencia a través da implantación de medidas de mellora permanente.
b) Establecemento dunha relación de colaboración baseada na transparencia, a boa fe, o espírito de colaboración e o respecto á confidencialidade da información.
c) Os empregados de SOTAVENTO GALICIA, S.A. actuarán de forma íntegra cos clientes, tendo como obxectivos a calidade e excelencia na prestación dos servizos, e o desenvolvemento dunhas relacións baseadas no resto de principios establecidos por SOTAVENTO GALICIA, S.A. no presente Código.
d) Os contratos cos clientes serán redactados da forma máis sinxela e clara que sexa posible. Baixo ningún concepto se facilitará aos clientes información equívoca, ambigua ou pouco rigorosa que poida inducir a erro.
Artigo 21.- Relacións con proveedores e subministradores.
a) SOTAVENTO GALICIA, S.A. adecuará os procesos de selección de proveedores e subministradores de acuerdo coa lei e coas súas propias normas internas de contratación, nas que prevalecerán criterios de publicidade, concorrencia, transparencia, obxectividade, imparcialidade, confidencialidade, non discriminación, calidade e custo, prohibindo calquera conflito de interese ou favoritismo na súa selección.
b) Toda a información, do tipo que sexa, achegada polos proveedores ou subministradores nos procesos de selección, será tratada de modo confidencial por parte daqueles empegados que teñan acceso á mesma.
Artigo 22.- Relacións coa sociedade.
a) O principio rector das relacións de SOTAVENTO GALICIA, S.A. coa sociedade é o interese xeral. Así mesmo, neste ámbito de actuación rexirán os principios de transparencia, cooperación e desenvolvemento sostible, dentro dun marco de cohesión e benestar social, a través da comunicación constante, veraz e oportuna cos distintos colectivos e medios de comunicación cos que SOTAVENTO GALICIA, S.A. se relaciona, en orde a atender as necesidades e cubrir as expectativas de todos eles.
b) SOTAVENTO GALICIA, S.A. e todo o seu equipo humano, manifestan o seu compromiso cos principios de responsabilidade corporativa, como marco integrador dos seus programas e actuacións.
c) A información económico-financeira de SOTAVENTO GALICIA, S.A. reflectirá fielmente a súa realidade económica, financeira e patrimonial, de acordo cos principios de contabilidade legalmente aceptados. A estes efectos, ningún distorsionará a información dos rexistros e informes contables ou financeiros de SOTAVENTO GALICIA, S.A., que será completa, e veraz.
d) A falta de honradez na comunicación da información á sociedade, contravén as normas establecidas no presente Código.

CAPÍTULO V.- O XESTOR ÉTICO.


Créase a figura do 'Xestor ético' para xestionar as dúbidas que se poidan producir en relación co Código Ético, e para que, recolla, analice e traslade ao Consello de Administración, e no seu caso ao Presidente as diferentes denuncias ou posibles vulneracións do Código que se reciban.

A persoa designada como "Xestor Ético" é o xerente.

O Xestor Ético manterá unha relación directa co Consello de Administración, á que elevará as súas propostas, preservando a confidencialidade dos procesos.

Desta maneira, será responsable do desenvolvemento, consolidación e mellora continua da xestión da ética en SOTAVENTO GALICIA, S.A.

Artigo 23.- Funcións.

O Xestor Ético terá as seguintes competencias:

  1. Fomentar a difusión, o coñecemento e o cumprimento do Código Ético.
  2. A interpretación superior do Código Ético.
  3. Aplicar o Código Ético.
  4. Propoñer accións e mecanismos de control que fomenten, supervisen e, en definitiva faciliten o seu cumprimento.
  5. Velar porque todos os empregados de SOTAVENTO GALICIA, S.A., e os terceiros, poidan poñer no seu coñecemento posibles vulneracións do Código de maneira confidencial, sen que se poida tomar represalia sobre aqueles que comuniquen, de boa fe, presuntos incumprimentos do Código.
  6. Comprobar e investigar as denuncias recibidas e, previo informe, trasladalas ao Consello de Administración para que decida sobre as medidas a adoptar nos distintos casos de violación ou vulneración do Código Ético.
  7. Resolver calquera consulta ou dúbida que se formule en relación co contido, interpretación, aplicación ou cumprimento do Código Ético
  8. Avaliar anualmente o grao de cumprimento do Código Ético.
  9. Elevar recomendacións e propoñer correccións ao Consello de Administración en materias que teñan relación coa salvagarda, desenvolvemento e cumprimento do Código, que permitan a mellora permanente do mesmo.
  10. O xestor Ético estará asistido nas súas funcións polo Departamento Xurídico da Sociedade.

Artigo 24.- Canais de comunicación, a Caixa de Correo Ética.
a) O Xestor Ético disporá dun correo electrónico que permitirá aos empreados remitir, con total confidencialidade, as consultas sobre o Código, así como informar sobre posibles incumprimentos ou vulneracións do mesmo.
b) Adicionalmente, os empregados poden acudir aos seus superiores xerárquicos, para comunicar calquera incumprimento ou vulneración do Código. Os superiores xerárquicos á súa vez, e de maneira inmediata, remitirano ao Xestor Ético.
c) Quen accedan a estes cauces de comunicación para denunciar situacións de vulneración ou incumprimento do Código, deberán analizar previamente a trascendencia das cuestións a expoñer, e haberán de basear os seus argumentos en datos e en feitos veraces.

CAPÍTULO VI.- MODIFICACIÓNS.


Este Código aprobado polo Consello de Administración de SOTAVENTO GALICIA, S.A., estará sometido a actualización periódica, atendendo sempre ás recomendacións do Xestor Ético e ao principio de mellora permanente.