Síguenos en Facebook
Síguenos en Twitter

Día Mundial do Medio Ambiente

05/06/2018

Como cada 5 de xuño, Sotavento conmemora o Día Mundial do Medio Ambiente, un evento a nivel mundial liderado por ONU Medio Ambiente.

Cada ano este evento xira en torno a un tema diferente, centrando a atención dos cidadáns nun problema concreto. Este 2018 o lema é “Sen contaminación por plástico”, facendo un chamamento á poboación para que recapacite sobre o abuso no uso deste material tan prexudicial para o noso planeta.

No día de hoxe, as nosas actividades trataron de concienciar aos seus participantes de que nós mesmos podemos cambiar de forma sinxela e sen esforzo os nosos hábitos cotiás para reducir o uso dos plásticos desbotables que tanto afectan negativamente ao medio que nos rodea.