Fundación Sotavento Galicia
No ano 2005, ve a luz a Fundación Sotavento Galicia como fundación de interese galego, sendo o patrón único Sotavento Galicia, S.A. A súa creación responde á necesidade de distinguir as actividades comerciais das actuacións non produtivas. Deste modo, os seus fins fundacionais son promover, sensibilizar, difundir e fomentar:
- Actividades de Divulgación e Educación Enerxética centradas nas enerxías renovables, o aforro, a eficiencia enerxética e a súa interrelación coa problemática ambiental.
- Proxectos de I+D+i e outras actuacións de investigación-experimentación relacionadas coa enerxía eólica e con outras enerxías renovables.
- Actividades de Formación no ámbito das enerxías renovables e a eficiencia enerxética co fin de lograr unha mellora na súa implantación e innovación.
A Fundación desenvolve as súas actividades nas instalacións do Parque Eólico Experimental Sotavento. Estas actividades céntranse en tres áreas:
- Área educativa-divulgativa
- Área de I+D+i
- Área de formación