Síguenos en Facebook
Síguenos en Twitter

X Certame Renovable de Fotografía

18/11/2019

Un ano máis convocamos o noso Certame Renovable de Fotografía, que xa vai pola súa décima edición, e este ano reparte un único premio en metálico de 400 euros.

As fotografías deben ter como temática principal o Parque Eólico Experimental Sotavento e poderán enviarse por correo electrónico ata o 25 de maio de 2020 á dirección info-divulgacion@sotaventogalicia.com.

Non existe límite de idade para os participantes e poderán consultarse as bases no pdf adxunto.