Síguenos en Facebook
Síguenos en Twitter

Optimización da xestión integral do Parque Eólico de Sotavento. EFIVENTO

ANTECEDENTES:


O sistema de xestión dun parque eólico constitúe unha ferramenta fundamental na fase de explotación. As características especiais deste tipo de instalacións requirían non só da disposición dun sistema de monitorización que permitise a supervisión e control de determinados parámetros de funcionamento, senón tamén a utilización dunha aplicación informática que permitise a elaboración de informes de explotación tendentes a optimizar a xeración eólica do parque.

A existencia no parque eólico de aeroxeradores de 5 fabricantes diferentes fai que dende o punto de vista da supervisión e control, o Parque Eólico Experimental Sotavento presentase unhas peculiaridades técnicas distintas ás doutras explotacións de enerxía eólica, e que manifestaban nos seguintes aspectos.

  • Utilización por parte de cada tecnólogo dun sistema SCADA e almacenamento en base de datos propia, con ficheiros non axustados a un formato patrón
  • Acceso á información con diferentes privilexios e, nalgunhas tecnoloxías, de forma non automática
  • Equipos de medición situados, dependendo da tecnoloxía eólica, en puntos diferentes da rede eléctrica do aeroxerador
  • Non sincronización entre SCADA's de tecnólogos, mesmo entre aeroxeradores do mesmo fabricante
  • Ausencia de datos, en períodos de tempo determinados, motivada pola perda de estabilidade da comunicación entre SCADA de tecnólogo e PLC do aeroxerador

OBXECTIVOS:


Consciente desta diversidade de información, SOTAVENTO GALICIA, S.A. desenvolveu un sistema de xestión integral propio cuxo obxectivo era integrar de xeito homoxéneo, nunha base de datos única, os parámetros de datos e incidencias provenientes dos distintos sistemas do parque eólico (aeroxeradores, torres meteorolóxicas e subestación) e a partir dela, elaborar informes de explotación que permitisen ter un control do rendemento dos aeroxeradores en paralelo ao que ofrece o propio tecnólogo; posibilitando unha optimización e parametrización propia das variables que lle interese controlar ao promotor.

METODOLOXÍA REALIZADA:


As actuacións realizadas no proxecto por orde cronolóxico foron:

  1. Integración en rede LAN de comunicacións dos postos de operación locais existentes na sala de control do parque que albergan respectivamente os SCADA ´ s correspondentes aos 5 tecnólogos, torres meteorolóxicas do parque e subestación
  2. Sincronización entre SCADA's e aeroxeradores referenciada a unha base de tempos única
  3. Importación a base de datos de xestión, de ficheiros de datos, con medias dez-minutais de cada tecnoloxía dende SCADA correspondente
  4. Tratamento por rutina de programación de ficheiros de datos para a homoxeneización e almacenamento definitivo en base de datos:
    • Formato horario en intervalos de 10 minutos
    • Ordenación de campos de variables existentes en cada tecnoloxía
  5. Importación de ficheiros de incidencias e erros dos SCADA's de tecnólogos á base de datos de xestión (servidor central)
  6. Tratamento por programación para homoxeneizar ficheiros de incidencias
    • Interpretación dos códigos de erro de cada tecnoloxía
    • Aplicación de indispoñibilidade segundo código de erro
    • Formato con campos comúns (inicio e fin de erro, duración, código, descrición, dispoñibilidade segundo tecnólogo e Sotavento)
  7. Introdución na base de datos das tarefas de mantemento
  8. Programación para a elaboración de informes a partir da base de datos de xestión

SITUACIÓN ACTUAL:


Na actualidade esta ferramenta de xestión está concluída e implementada no parque, someténdose a un proceso continuo de optimización e adaptación a novas necesidades. A través desta obtéñense os seguintes informes técnicos de xestión:

  • Informe do movemento de enerxía
  • Informe da produción por tecnoloxías
  • Informe de horas equivalentes
  • Informe do vento en torres anemométricas
  • Informe do vento por aeroxeradores
  • Informe de dispoñibilidades
  • Informe da curva de potencia
  • Informe da desviación de enerxía
  • Tempos de resposta de mantemento
  • Comparación entre tecnoloxías
  • Integración de efectos topográficos e de ronseis do vento nos aeroxeradores
  • Integración da enerxía das turbinas e dos datos de predición
  • Programación para a elaboración de informes de estatística de fallos e importación-exportación automática de datos

Na actualidade estase a desenvolver un sistema máis áxil e eficiente para a introdución dos partes de traballo; así como de informes detallados do mantemento.