Síguenos en Facebook
Síguenos en Twitter

SIMIVE. Sistema móvil interactivo para o estudo de vehículos eléctricos

ANTECEDENTES:


Desde hai anos, o vehículo eléctrico vén a ser un dos elementos crave da mobilidade, tanto polas súas vantaxes intrínsecas de aforro enerxético e respecto do medio, como por ser unha valiosa ferramenta para optimizar a xestión do sistema eléctrico e o autoconsumo.

A crecente oferta de vehículos eléctricos leva á sociedade a formularse cada vez máis preguntas sobre o funcionamento e características deste tipo de vehículos. Este proxecto consiste nunha aplicación informática que nos permite obter datos reais en condicións normais de uso dun vehículo eléctrico. A idea é comprobar empíricamente as capacidades e posibilidades deste tipo de vehículos.

OBXECTO:


Desde o punto de vista científico-técnico, creouse o Sistema Móbil Interactivo para o Estudo de Vehículos Eléctricos (SIMIVE). Trátase dunha aplicación interactiva que nos permite visualizar diferentes percorridos realizados nun vehículo eléctrico, comparando os seus perfís, velocidades, recargas e custos. Ademais, poden cotexarse estes datos cos dun vehículo de combustión observando o aforro económico e ambiental que resulta.

METODOLOXÍA:


O hardware desta nova aplicación está formado por un GPS que rexistra os percorridos do vehículo, un equipo informático e un analizador de rede que permite almacenar os datos das recargas. Ambos rexistros relaciónanse e almacénanse nunha base de datos. O software da aplicación permite amosalos de forma atractiva e interactiva á vez que posibilita a realización de experimentos en condicións reais de uso.

SITUACIÓN ACTUAL:


O proxecto finalizou no ano 2013. Actualmente séguense a recoller datos para monitorar diferentes percorridos.