Síguenos en Facebook
Síguenos en Twitter

Supervisión das instalacións eléctricas do Parque Eólico Experimental Sotavento. Selectividade de proteccións

ANTECEDENTES:


Nas distintas fases para a instalación dun parque eólico (deseño, construción e montaxe, posta en marcha e explotación) faise necesaria a coordinación entre a gran variedade de empresas que interveñen (tecnólogos, enxeñaría, montadores) de cara ao correcto funcionamento da central de xeración eléctrica. No parque de Sotavento esta diversidade vese acentuada coa existencia de cinco tecnoloxías eólicas con diferentes sistemas de xeración eléctrica.

Por todo iso, dende o Parque Eólico Experimental Sotavento, realizouse un estudo profundo das infraestruturas eléctricas, co obxecto de situarse nas condicións óptimas de explotación e operación co parque eólico como central de xeración.

OBXECTIVOS:


O proxecto analizou, dende o punto de vista electrotécnico, os diferentes compoñentes eléctricos da rede de BT, MT, Subestación e liña de 132 kV do parque, permitindo establecer pautas de actuación no deseño e mantemento en diversos campos das instalacións eólicas:

  • Adecuación dos aparellos eléctricos instalados, niveis de illamento, redes de terras e dimensionamento do sistema de compensación de reactiva
  • Estudo de selectividade de proteccións eléctricas nos distintos niveis de tensión
  • Plan de medidas preventivas e correctivas nas instalacións eléctricas
  • Determinación do comportamento por tecnoloxía e por parque, dos aspectos electromagnéticos máis importantes

METODOLOXÍA (FASES):


Os traballos realizados neste proxecto foron principalmente os seguintes:

  1. Supervisión de Enxeñaría a nivel de planos eléctricos de funcionamento. Análise de: subestación, liñas, cableado de potencia en aeroxeradores, proteccións seleccionadas en cada aeroxerador e axustes implantados na subestación
  2. Supervisión de características xerais dos aparellos de MT e AT e comprobación do seu axeitado dimensionamento
  3. Supervisión dos axustes de proteccións de MT e AT. Estudo de selectividade a partir de cálculo de fallas monofásicas e trifásicas nos distintos puntos do parque. Carencias e posibilidades de mellora
  4. Supervisión das instalacións en réxime de servizo con medicións, analizando os valores observados en cada punto de MT/AT. Realizáronse medidas nos grupos de aeroxeradores existentes para dispoñer de información básica do comportamento real de cada grupo de sistema de xeración, en canto a enerxía activa e reactiva
  5. Entrega do informe definitivo

ORGANISMOS COLABORADORES:


D. Juan Rodríguez foi o responsable e coordinador da realización do estudo, con achega de medios materiais para a súa realización das Universidades da Coruña e Vigo.

SITUACIÓN ACTUAL:


O proxecto está rematado dende xuño de 2003, despois de implementarse nas instalacións as conclusións e recomendacións extraídas do informe.

DOCUMENTACIÓN:


Descrición Idioma Tamaño Descargar
Estudo e supervisión das instalacións de AT/MT Sotavento Castelán 638 Kb
logo pdf
Análise de calidade da subministración por Gas Natural Fenosa Castelán 239 Kb
logo pdf
Esquema Unifilar Sotavento Castelán 61 Kb
logo pdf