ANTECEDENTES:
O Parque Eólico Experimental Sotavento ten en funcionamento dende o ano 2003 unha instalación de enerxía solar térmica para quentamento de ACS, calefacción por chan radiante na sala de control e calefacción mediante aerotermos na zona de taller.
As características principais da instalación son:
- Superficie captación: 8 m2
- Volume acumulación: 500 litros
A achega de enerxía auxiliar realízase por medio dunha bomba de calor aire-auga.
OBXECTO:
O proxecto abrangueu a monitorización e automatización mediante o desenvolvemento dun programa SCADA específico de todos os circuítos hidráulicos que compoñen a instalación solar térmica. Así mesmo, serviu de base para a análise de rendemento deste tipo de instalacións solares térmicas mediante a obtención de diferentes informes, incluíndo:
- Balance de enerxía térmica achegada e consumida
- Rendemento dos colectores solares
- Rendemento da bomba de calor en función da temperatura ambiente
- Históricos e gráficas de evolución
METODOLOXÍA:
A metodoloxía do proxecto comprendeu as seguintes etapas:
- Definición das variables a controlar
- Definición dos sensores de medida e adquisición destes
- Definición de entradas e saídas analóxicas e dixitais
- Cableado e instalación de sensores e tarxeta de control
- Establecemento de pautas de funcionamento en automático da instalación, alarmas e almacenamento na base de datos
- Programación mediante LabVIEW para o funcionamento manual e automático, rexistro e visualización de variables históricas en intervalos dez-minutais, estados de funcionamento, alarmas, etc.
- Posta en marcha: verificación de medidas de sensores correctas, arranques e paradas de bombas segundo programación, etc.
- Toma de mostras e almacenamento das variables seleccionadas
- Análise de resultados de enerxía térmica e avaliación do rendemento da instalación
SITUACIÓN ACTUAL:
O proxecto deuse por concluído. Dende decembro de 2004 e ata Novembro de 2006 o sistema estivo operativo e controlado a través dun SCADA específico, permitindo obter informes históricos relativos ao rendemento da enerxía solar térmica neste tipo de aplicacións de ACS e calefacción na nosa comunidade. Actualmente a instalación continúa en funcionamento xerando ACS e calefacción para determinadas zonas do edificio.