PRESENTACIÓN

Empresa

Sotavento Galicia, S.A. constitúese en 1997 promovida pola Xunta de Galicia. Esta sociedade crea o Parque Eólico Experimental Sotavento, unha singular instalación que, ademais do obxectivo comercial común a este tipo de proxectos, debía realizar outras actividades adicionais centradas en tres áreas:

  • Investigación
  • Divulgación
  • Formación

Accionistas

Sotavento Galicia, S.A., está participada por dúas entidades públicas:

  • Instituto Enerxético de Galicia (INEGA)
  • Instituto para a Diversificación e o Aforro da Enerxía (IDAE),

e por tres empresas privadas en representación do sector eléctrico de Galicia:

  • Enel Green Power España, S.L.
  • Iberdrola Renovables Galicia, S.A.
  • Enerxía de Galicia, S.A. (ENGASA)

Obxecto Social

  • Promover, deseñar, construír, operar, explotar, xestionar e administrar centrais que utilicen como enerxía primaria, enerxías renovables, así como realizar as actividades relacionadas co funcionamento e explotación das devanditas instalacións.
  • Promoción e realización de proxectos, estudos e outras actuacións de investigación e experimentación relacionadas coas enerxías renovables e co aforro e eficiencia enerxética.
  • Desenvolver as tecnoloxías de produción e aproveitamento da enerxía mediante a investigación e o desenvolvemento.
  • Realizar actividades de I+D+i relacionadas co ámbito das enerxías renovables e do aforro e eficiencia enerxética, e apoialas e incentivalas de diversas formas, inclusive mediante a prestación de servizos tecnolóxicos.
  • A promoción, formación, fomento e debate de todos os aspectos relacionados coas enerxías renovables e o aforro e eficiencia enerxética.
  • Facer posible a máxima penetración das enerxías renovables no sistema enerxético, mediante a xeración das ferramentas e os servizos necesarios para solucionar os problemas técnicos e de relación entre os distintos axentes do sistema.
  • Promover, divulgar e fomentar actuacións que vinculen o desenvolvemento enerxético coa súa interacción co medio e cun desenvolvemento sostible.
  • Calquera outro tipo de actuación que implique unha mellora na optimización e implantación das enerxías renovables e de fomento do aforro e eficiencia enerxética.

Perfil do Contratante

Dende o perfil do contratante poderá obter a información necesaria sobre os procedementos de contratación de SOTAVENTO GALICIA, S.A..

Datos da Empresa
Nome: Sotavento Galicia, S.A.
Enderezo: C/ Varsovia, 4-C, 2ª Planta Edificio Área Central. Centro de Negocios Área Central 15707 – Santiago de Compostela
CIF: A15610017
Teléfono: 981563777
Correo electrónico: josen@sotaventogalicia.com
Web: http://www.sotaventogalicia.com

As instrucións de contratación pódense atopar na seguinte ligazón
atopar PDF instrucións de contratación.

No momento actual non existe ningún procedemento aberto para Sotavento Galicia S.A.

Publicación
(Nº Expediente)
Data
Publicación
Anuncio
Obxecto Importe
Data
Estado
Estado
Info
SG 02/2019
27/12/2019
Servizos de actuacións divulgativas no Parque Eólico Experimental Sotavento. 126.000,00€ máis IVE
14/01/2020
Adjudicado
SG 01/2019
30/10/2019
Servicios de mantemento das instalacións do Parque Eólico Experimental Sotavento. 426.000,00€ máis IVE
18/11/2019
Adjudicado

Patrocinadores

Códigos Éticos

SOTAVENTO GALICIA, S.A. ten aprobado un Plan de Prevención de Riscos Penais, plan que pretende identificar as normas, procedementos e ferramentas que ten establecidos para evitar o incumprimento da normativa legal con relevancia penal aplicable á Sociedade e ao seu persoal, e adaptala ao novo medio regulatorio.

Adicionalmente a este documento esixible “formalmente” SOTAVENTO GALICIA, S.A. recoñece a necesidade de procurar unha maior eficiencia, responsabilidade e transparencia na súa xestión polo cal elaborou e aprobou polo Consello de Administración dous documentos complementarios ao Plan de Prevención de Riscos Penais e que no seu conxunto forman os Códigos Éticos da Sociedade.

  • Código ético e de conduta. Ten por obxecto establecer as pautas xerais de conduta da Empresa e a de todo o equipo humano que a conforma.
  • Plan de bo goberno corporativo. Abrangue unha serie de elementos estratéxicos cara a integrar e harmonizar o funcionamento dos diferentes actores de SOTAVENTO GALICIA, S.A., tales como Accionistas, Consello de Administración e Xerencia; ademais da súa relación cos empregados, proveedores, clientes, reguladores, Administracións Públicas, entidades financeiras, etc., sempre coa intención de ser un xerador de valor sostible no medio e longo prazo.