Sotavento recibiu o primerio premio Eurosolar 2004 na categoría iniciativas de educación e formación en enerxías renovables, polo seu Plan educativo-divulgativo.
En cooperación coas seccións nacionais, EUROSOLAR organiza anualmente a concesión dos Premios Solares Europeos e os premios solares nacionales en diferentes países.
EUROSOLAR, a Asociación Europea polas Enerxías Renovables (asociación sin afán de lucro), foi fundada no ano 1988 e realiza o seu traballo con independencia dos partidos políticos, das institucións, das empresas comerciais e dos grupos de interés especifico.
O seu obxetivo: a substitución completa da enerxía nuclear e dos combustibles fósiles polas Fontes de Enerxía Renovable.
Cos Premios Solar EUROSOLAR quere honrar a aquelas iniciativas e/ou realizacións exemplares no campo da utilización das enerxías renovables dentro do Estado Español.