-
Carácter:
Permanente.
Período de Exposición:Dende o ano 2005.
Autor/a:Departamento de Divulgación Sotavento.
Obxectivo:Coñecer as especies vexetais típicas das zonas montañosas galegas, as súas características e usos tradicionais.
Breve Descrición:O herbario componse de 24 paneis-expositores de grandes dimensións onde se inclúe a seguinte información:
- Nome ou nomes comúns da planta xunto coa súa denominación botánica en latín.
- Foto do exemplar na súa zona de crecemento.
- Breve decrición das características da planta: cor das flores, forma da folla, dimensións, época de floración, hábitat no que se atopa, etc.
- O propio exemplar debidamente prensado e disecado.
- Un apartado de “Curiosidades” onde se explican os usos tradicionais, propiedades curativas, lendas, aplicacións industriais, etc.
- Localización da especie no Parque, cun mapa de distribución onde se observa a súa presenza na área de estudo.
- Etiqueta botánica, na que se realiza unha clasificación da planta: división, clase, subclase, orde, familia…
Neste tamén se incluíron algunha das especies pertencentes ao ensaio-demostración de biomasa que, mediante cultivos enerxéticos, realiza a Universidade de Santiago en Sotavento.

Artigos relacionados

