Carácter:
Temporal.
Período de Exposición:
Do 1 ao 31 de marzo de 2008.
Autor/a:
Ministerio de Medio Ambiente e a Fundación Sotavento Galicia.
Obxectivo:
Exposta con motivo do día Mundial da Eficiencia Enerxética pretende:
- Sensibilizar sobre a importancia de avanzar cara a un mundo sostible.
- Cuestionar as ideas preconcibidas sobre medio ambiente e desenvolvemento.
- Sinalar alternativas eficaces de boas prácticas ambientais.
- Promover hábitos e comportamentos favorables ao desenvolvemento sostible.
Breve Descrición:
A través de 20 paneis e varias maquetas interactivas, levando como fío condutor temas de enerxía, auga e biodiversidade, establécense relacións coas actividades cotiás e móstranse respostas positivas para facer posible un mundo mellor. Para o seu mellor aproveitamento elaborouse en Sotavento un material didáctico específico.