Temporal.
Do 24 de xullo ao 31 de decembro de 2009.
Red Eléctrica de España.
Achegar e explicar á cidadanía como se manifesta, produce e transporta a electricidade, como se operan os sistemas e en definitiva, que pasa coa electricidade dende que se xera ata que chega ás nosas casas.
A través dunha gran variedade de módulos interactivos e pezas reais, que ocupan 500 metros cadrados, faise un profundo percorrido pola historia, xeración, e transporte de electricidade. Tamén mediante vídeos e diversas reproducións se mostra o traballo de REE, como é a rede de alta tensión española, que é o Centro de Control Eléctrico (Cecoel) e como podería ser o futuro da enerxía coa denominada “supercondutividade”. Ademais, hai espazo para explicar os traballos de REE no ámbito do medio, por exemplo na protección das aves.